Feijóo non dará explicacións da actuación da Xunta nos incendios e na crise do leite

O PP veta a comparecencia do presidente no Parlamento para dar conta das actuacións a respecto dos lumes que arrasan miles de Has no país e da crise que afoga centos de explotacións.

feijoo_pequena

O PP empregou os seus votos na Deputación permanente -órgano que substitúe o pleno en períodos non hábiles- para evitar que Núñez Feijóo teña que comparecer na Cámara e explicar as actuacións da Xunta a respeito dos incendios e a crise do leite. O presidente de Galiza evita así ter que falar perante os representantes eleitos pola cidadanía de dous temas que centran a preocupación de boa parte da cidadanía.

A oposición demandaba a comparecencia de Feijóo mais desde o PP consideran que esta non é acaída nin necesaria. Propoñen abrir un “debate constructivo” sobre os incendios, din textualmente”, contra a “crítica partidaria” da que acusa á oposición. No que respeita ao leite, o deputado Balseiro afirmou que é mellor agardar que vai acontecer na cimeira de ministros da UE sobre esta cuestión.

Comentarios