Francisco Vázquez asiste ao acto de Cidadáns na Coruña, cuxa candidatura podería voltar a dar a alcaldía a Negreira

O ex-alcalde coruñés apadriñou no Palexco a Albert Rivera no desembarco da plataforma Movimiento Ciudadano en Galiza. Organización que chega a Coruña da man de Unión Coruñesa, e que pode ser chave para volver dar a Negreira unha alcaldía que cun PP en solitario, e coa marca á baixa, podería telo difícil.

Vazquez con Rivera
photo_camera Albert Rivera e Francisco Vázquez

A plataforma 'Movimiento Ciudadano' foi presentada este sábado na Coruña polo deputado catalán e presidente de Ciutadans Albert Rivera, nun acto no que ocupou un posto de honra o ex-alcalde da Coruña Francisco Vázquez. A presenza do ex-rexedor apadriñando o desembarco en Galiza de MC deu para múltiples interpretacións. Sobre todo tendo en conta que chega a Coruña da man de Unión Coruñesa. Non son poucos os que vaticinan nas vindeiras municipais, e cunha marca popular á baixa por, entre outros, o escándalo Pokemon; unha 'entente cordiale' entre PP e Unión Coruñesa,

Entre os presentes no acto, o ex-candidato de UpyD á Xunta, José canedo, e o ex-futbolista do Dépor, Albert Luque.

Rivera presentou MC como un proxecto para rachar “o candado da partitocracia” e que procura abrir un período de ilusión. Ante case medio milleiro de persoas, o presidente de Citadans fixo fincapé na necesidade de sumar a defensa da unidade de España e ideas de “corte liberal”. Afirmou que “non somos o voto protesta, somos o voto proposta”.

Un discurso que vai máis alá da cita das europeas, candidatura para a que MC conta cos avogados Javier Nart e Carolina Punset –filla de Eduard Punset e co escritor Juan Carlos Girauta, todos presentes este sábado na Coruña. Tamén estiveron no acto, o ex-candidato de UPyD á Xunta, José Canedo, e o ex-futbolista do Dépor, Albert Luque.

Comentarios