Inscritos de Podemos de Ferrol en Común piden a demisión de Carmen Santos

Pablo Echenique nega que Podemos estea a derrubarse “como un castelo de naipes”.

Inscritos de Podemos en Ferrol en Común solicitan a demisión de Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galiza, por considerala responsábel de “erros estratéxicos” no proceso de confluencia con En Marea. Neste sentido, Carlos del Río, voceiro deste colectivo, acusou a Santos de “incapacidade negociadora” e de “incumprimento do programa político organizativo”. Pon, como exemplos, que En Marea tomase a dianteira nas negociacións. “Todas estas incongruencias", afirma Del Río, levaron o partido de Pablo Iglesias en Galiza a unha "situación gravísima de descomposición e de loitas internas" que levarán a Podemos a un "desastre" en Galiza. "Se non dá un xiro 180 graos, Podemos está abocado a desaparecer, ao fracaso absoluto," resolveu.

Porén, este colectivo afirma que é "partidario da unidade" porque, segundo destacou Carlos del Río, "precísanse todas as forzas para vencer o Partido Popular". Unha vitoria, sen embargo, que augurou "difícil" porque "se perdeu moito tempo e houbo moita lea".

Echenique

Pablo Echenique, secretario de Organización de Podemos, nega que o partido esté a se derrubar “como un castelo de naipes” e que Pablo Iglesias estea a perder forza após a negociación con En Marea. En declaracións a Tele 5 recollidas por Europa Press, o dirixente podemita recoñeceu que Podemos tivo que ceder no proceso, alegando que si o fixo foi “por poñer en primeiro lugar io interese dos galegos”.

Comentarios