Isca! avoga na V asemblea por un futuro construído na independencia, o feminismo e o socialismo

‘Rachar co presente, construír o futuro’ é o lema da cita, que decorrerá este sábado 7 de febreiro en Compostela.

isca
photo_camera isca

Isca! realiza a súa V Asemblea Nacional esta fin de semana en Compostela, nunha xornada que decorrerá o sábado no Colexio Maior San Clemente (Campus Sur) sob o lema ‘Rachar co presente, construír o futuro’. Na cita procederase, tal e como sinala a organización xuvenil, a actualizar “as nosas análises políticas sobre a situación da mocidade e do movemento independentista e revolucionario galego”.O acto de clausura terá lugar ás sete do serán e será aberto para todas as persoas que se queiran achegar até alí.

Entre as diferentes cuestións e temas a debate estará a acción de Isca! nas diferentes organizacións do nacionalismo, “desde un punto de vista autocrítico e realista [...] para expandir, no seo do movemento popular galego, un espazo político de clase, comunista e independentista. Con humildade mais con firmeza no discurso e na praxe”.


 

Comentarios