Izquierda Unida rexeita participar en Ahora Madrid xunto a Podemos

Un referendo na formación que lidera Cayo Lara na capital de España decidiu masivamente non entrar na plataforma que inclúe a antiga Ganemos, o partido de Pablo Iglesias e o grupo de Tania Sánchez.  

cayo lara
photo_camera Cayo Lara

Cun 54 por cento de participación, a maioría de Izquierda Unida (IU) en Madrid rexeitou en referendo que ten que ser validado pola dirección federal unirse a Ahora Madrid, a candidatura que se denomina “de confluencia” e que une na capital española a antiga Ahora Madrid, a Podemos e tamén a Convocatoria por Madrid, onde está Equo e a que ía ser candidata de IU á Comunidade, Tania Sánchez, que xunto a un grupo de militantes abandonou a coalición esquerdista tras diferenzas sobre a política de alianzas.

O 89% das persoas que participaron na consulta amosáronse en contra de entrar en Ahora Madrid, por un 9% a favor. O resto quedou para o voto nulo ou en branco. A alta abstención apunta a que moita militancia favorábel ao pacto non participou e podería deixar IU. 

En Galiza, Esquerda Unida si participa neste tipo de candidaturas, mesmo chegando a lideralas como é o caso de Marea de Vigo.

Comentarios