MUNICIPAIS 24 DE MAIO

Manuel Dios presenta candidatura ás primarias de Compostela Aberta mentres Martiño Noriega mantén a incógnita

O presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz dá o paso, afirma, ‘’como persoa individual’’. Noriega aínda non se pronunciou, se ben o seu círculo máis cercano sinalaba que daría o paso. O prazo remate esta cuarta feira.

manuel dios
photo_camera Imaxe: Choupindixital

Todos os ollos postos en Martiño Noriega, dirixente de Anova, para ver cando anunciaría a súa candidatura a encabezar a lista de Compostela Aberta nas municipais de maio, e quen anunciou que se ía candidatar é Manolo Dios. Este compostelán do 1953, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, explica nun comunicado que dá o paso “como persoa individual”, sen representar organización ou colectivo.

Dios fala de tres grandes preocupacións: educación, activismo sindical e movementos sociais e pacifismo. Expresa o seu compromiso de, se resulta elixido, renunciar a todos os cargos de representación política, profesional e social, destacando que por eles non recibe documentación.

A pregunta que segue no ar é a de saber se Martiño Noriega se presenta ou non. Nos últimos días diferentes voces da súa contorna política facían declaracións que permitían albiscar un Si por parte do aínda alcalde de Teo a candidatarse.

Do  4 ao 11 marzo é o prazo de presentación e inscrición de candidaturas. O 12 marzo: reclamacións e corrección de erros. O 13 marzo: publicación de candidaturas. Do14 ao 19 marzo: campaña. O 20, 21, 22 marzo: prazo de votación telemática e presencial (telemática asistida). O 24 marzo será o reconto e resultados.

Comentarios