MUNICIPAIS 2015

Marea Atlántica convoca primarias:“o proceso democrático interno máis ambicioso da historia da política coruñesa”

O proceso, ‘’aberto a toda a cidadanía’’, aposta nunha candidatura de ‘’unidade popular’’ para ‘’cambiar a forma de facer as cousas’’ no Concello da Coruña.

roldaprensaPrimarias marea atlántica

Marea Atlántica deu inicio o seu proceso de primarias para elexir a persoa que encabeza a listaxe no 25 de maio e tamén o resto dos 26 membros que integrarán a candidatura. Portavoces de MA sinalaron que a finalidade é a de facer unha candidatura de “unidade popular” coa que “cambiar a forma de facer as cousas” no Concello da Coruña, segundo informan axencias.

Iago Martínez e Mónica Balado enmarcaron estas primarias nun proceso no que xa se deron pasos aprobando o código ético ou a elaboración do programa electoral. As primarias serán “abertas a toda a cidadanía” e nelas votarase por un lado a/o cabeza de listaxe e por outra o resto da candidatura mediante un sistema de listaxes abertas.

Poderanse presentar, “sen marcas de partido”, candidaturas de entre 4 e 10 persoas. Entre as máis votadas xurdirán aquelas que acompañarán a/o cabeza de candidatura, mentres que os catro últimos postos das persoas que integrarán a listaxe reservaranse para integrantes de Marea Atlántica, na que na actualidade hai inscritas por volta de 3.000 persoas. As persoas que queiran votar deben ter máis de 16 anos e demostrar que residen na Coruña ou ben que o fixeron nos últimos 5 anos.

Iago Martínez precisou que para concorrer á lección como cabeza de candidatura deberá contarse con 15 avais.

Comentarios