Tres membros de Podemos Lugo marchan do Consello Cidadán por ‘’manipulación’’

Argumentan que houbo ‘’escurantismo’’ e manobras ‘’para favorecer’’ un dos candidatos no proceso de elección dos secretario xeral da formación en Galiza.

Tres membros de Podemos Lugo abandonaron o Consello Cidadá por, segundo informa a axencia EP, “ocultismo” na validación do secretario xeral do partido en Galiza. Manuela López, ex-responsábel de Extensión, negou que a marcha de deba a circunstancias persoais, como afirmara o responsábel de Podemos na cidade lucense.

Esta versión afirma que o abandono deberíase á “manipulación para favorecer” a listaxe do líder galego de Podemos. Con Manuela López abandonan a responsábel da Área Económica e da secretaría de Muller e Igualdade. López afirma que “se nos mentiu”.

Comentarios