A ministra de Sanidade obtivo un máster na Universidade Rey Juan Carlos inzado de irregularidades

Carmen Montón matriculouse fóra de prazo, non asistiu á metade das materias e convalidáronlle  outras sen cursar cursos equivalentes; segundo desvela Eldiario.es

carmen monton psoe

Eldiario.es desvela novas irregularidades dun máster da Universidade Rey Juan Carlos I (URJC) nun político. A Pablo Casado e Cristina Cifuentes úneselle agora o nome de Carmen Montón, ministra de Sanidade, Consumo e Benestar, Carmen Montón.

Montón conta no seu currículo cun Máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero  na URJC realizado no curso 2010/2011. A súa nota media foi de 8,43 malia iniciar as aulas cando case rematara o primeiro cuadrimestre. Naquela altura era deputada do PSOE e a voceira en Igualdade.

Segundo a información de Eldiario.es, Montón obtivo 3 sobresalientes, 1 notábel e 2 aprobados nas seis materias iniciais sen ter contacto cos profesores. Un dos seus excelentes foille concedido por Álvarez Conde,  o mesmo director imputado do instituto que organizou os máster con irregularidades de Cifuentes e Casado.

Comentarios