Vlogue de Xosé Mexuto

Nas vésperas do Día da Patria Galega

Como chega o BNG ao Día da Patria? Que opcións ten a formación soberanista xa con vistas ás eleccións galegas? A nova entrega de Xosé Mexuto á rede galega de vlogues tenta dar resposta a estas perguntas.

Desde hai décadas o Día da Patria Galega é sinónimo dunha manifestación masiva, a que convoca o Bloque Nacionalista Galego e que percorre o casco vello de Compostela. A formación frentista chega a esta cita nunha situación comprometida no plano eleitoral, mais coa súa capacidade de mobilización social intacta. Como facer desta fortaleza cívica nas rúas unha alavanca para incrementar a percentaxe de voto é a grande tarefa política que ten o BNG por diante e sobre isto reflicte no seu vlogue o director de Sermos.

Comentarios