Martiño Noriega aspira a obter nas eleccións municipais de maio uns resultados que sitúen Compostela Aberta como “a máis votada” na capital de Galiza e poder deste xeito “liderar o cambio na cidade”. Así o manifestou o cabeza de lista de CA a Raxoi durante a súa intervención no Fórum Europa. Noriega considera que as críticas que reciben doutras candidaturas son unha mostra de “preocupación porque a xente percibe que esta lista cidadá pode ser unha alternativa de goberno”.
Augura que vai a darse unha polarización do voto entre o PP e Compostela Aberta e instou o PSOE a clarificar se “permitirán a apertura dunha nova etapa” ou ben apostarán en manter a existente. Iso si, puntualizou que “non falamos de pactos co PSOE, de grandes acordos de goberno”.
No que atinxe ao BNG, afirmou que “pode existir un posíbel espazo en torno a un proxecto de cidade”. Mais indicou que eventuais alianzas decidiranse a través de procesos de participación como so seguidos para elabora a candidatura.