O Parlamento galego rexeita por unanimidade o repagamento

Os tres grupos con representación no Parlamento de Galiza (PPdeG, PSdeG e BNG) rexeitaron por unanimidade que "se introduza o copagamento" na atención sanitaria.

A proposición non de lei, que foi presentada polo PSdeG e debatida na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos, incluía outros puntos, como pedir ao Goberno central que garanta que os impostos permiten cubrir os servizos públicos básicos ou rexeitar amnistías fiscais, aos que o PPdeG votou en contra. A autora da iniciativa, a socialista María José Caride, apostou por "optimizar" o gasto sanitario, pero "non truncar un modelo que deu resultados magníficos" e que, dixo, o PP "quere quebrar".

O voceiro do PPdeG propuxo incluír na iniciativa a garantía de que o sistema sanitario será "público, gratuíto, suficiente e de calidade,", aínda que Caride rexeitou as emendas por considerar que introducirían "cuestións preocupantes". O PP, dixo, propón "seguir impulsando melloras e reformas" na eficiencia do sistema sanitario para "garantir o seu sostenibilidad e a prestación dos servizos asistenciais sen copagamento". "Máis claro, auga", resolveu.

 Aymerich

Pola súa parte, o voceiro do BNG no debate, Carlos Aymerich, trasladou o seu respaldo á proposta e preguntouse se, para asumir os recortes, "seguirán os sacrificios humanos no sacrosanto altar dos mercados".

Por outro lado, os votos en contra do PPdeG serviron tamén para rexeitar outra iniciativa dos socialistas na que reclamaban trasladar ao Goberno central a necesidade de buscar solucións para os afectados por desafiuzamentos e de promover "iniciativas imperativas e universais" para non deixar a resolución "en mans da boa vontade" das entidades financeiras "e solo para un colectivo moi reducido de afectados".

Comentarios