AFIRMA O BNG

Orzamentos xerais do Estado 2016: tesoirada de 20 millóns de euros para Galiza

A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila afirma que son unhas contas “electoralistas” e de costas ás necesidades da maioría da poboación.

Olaia Fernández Davila
photo_camera Olaia Fernández Davila

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, considera que os orzamentos xerais do Estado presentados esta terza feira no Congreso polo ministro Montoro son unhas contas para nada acaídas ás necesidades de Galiza nin da maioría da poboación do Estado. Davila, que censurou o discurso de Montoro por “hiper trunfalista” e “panfletario”, incide en que esas contas do estado prevén un recorte de investimento real en Galiza de por volta de 20 millóns de euros, unha tesoirada do 1,7%.

A deputada nacionalista mencionou a situación da Seguridade Social “en números bermellos” e advertiu que se “non se corrixe a tendencia e as políticas precarias de emprego, haberá dificuldades no futuro coa Seguridade Social”.

Sector lácteo

Davila salientou na súa intervención a grave crise do sector lácteo galego: “cando miles de explotacións agro gandeiras están nunha situación desesperada, resulta que o orzamento do estado para Agricultura non só carece de partida destinada a paliar esta crise senon que por riba recurta o investimento en Galiza en 19 millóns de euros”.

Por outra parte, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galiza denunciou esta terza feira que Galiza perde 22 millóns en investimentos reais nos orzamentos xerais do Estado (OXE) para o ano 2016. O secretario xeral do sindicato, Xosé Manuel Sánchez Aguión, afirmou nunha conferencia de prensa que os OXE do 2016 son uns "orzamentos antisociais" e que ·non serve para combater o paro, o empobrecemento da poboación e a crecente desigualdade no noso país".

Comentarios