Podemos lanza a súa proposta como candidata á Xunta

Trátase da profesora universitaria Magdalena Barahona Martin. 

Carmela do Campo
photo_camera [Imaxe Carmela do Campo]

Podemos continúa na Galiza coa súa folla de rota independente a respeito da lanzada por En Marea. Neste contexto, a secretaria xeral da formación, Carmen Santos, presentou a que é a súa aposta como candidata á presidencia da Xunta. Trátase de Magdalena Barahona Martin, profesora da Facultade de Socioloxía da Universidade de Vigo. 

Barahona encabeza unha proposta denominada 'Un mar de xente' promovida pola dirección política no seo das primarias que desenvolve o partido. 

Segundo Carmen Santos este paso é independente da fórmula de concorrencia que adopte finalmente Podemos mentres tenta negociar unha coligazón con En Marea, algo que esta formación --constituída en partido instrumental-- descarta defendendo a integración de Podemos no seu seo abandonando a súas siglas. 

Comentarios