Primeira reunión da nova Executiva Nacional do Bloque

A dirección saída da XV Asemblea Nacional realizou esta segunda feira a súa reunión constitutiva.

Nova Executiva Nacional do BNG
photo_camera Un aspecto da nova Executiva do BNG

A nova dirección da formación frentista realizou esta segunda feira a súa reunión constitutiva após a XV Asemblea Nacional.

Para esta primeira xunta, o BNG prescindiu de convocar conferencia de imprensa. Si se permitiu aos meios gráficos tomaren imaxes.

Ana Pontón, nova portavoz nacional, si estivo nos platós da TVG, no programa Area Pública. Alí, segundo recolle o twitter do BNG, afirmou literalmente: "Hai quen non quere ver a papeleta do BNG nas próximas eleccións, pois van levar un disgusto".

E sobre o proceso de Refundación, a líder do Bloque afirmou: "As propostas do BNG son para todas e todos os nacionalistas e, por suposto, as portas están abertas".

Comentarios