A retirada da cruz franquista do Castro en Vigo chegará ao Constitucional

Poñerán á venta bonos de ata 10 euros para reunir os 10.000 necesarios para facer fronte ao custo do recurso, para o que chaman á "conciencia antifascista" da cidade. 

Cruz do Castro
photo_camera Cruz do Castro

A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 anunciou que recorrerá ante o Tribunal Constitucional (TC) a anulación, por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), do fallo que obrigaba ao Concello de Vigo a retirar a cruz franquista do monte do Castro. 

A asociación avanzou que o custo económico deste recurso é de 3.000 euros, cantidade que prevén reunir a través dunha colecta cidadá que terá lugar durante os meses de abril e maio. Nela poñerán en circulación bonos de axuda de dous, cinco e 10 euros.

"Pasado un tempo chegamos á conclusión de que hai posibilidades reais de que o Tribunal Constitucional anule a sentenza do TSXG", din desde a Asociación, polo que fan un chamamento á "conciencia e ao compromiso antifascista" dos vigueses que se pronunciaron "pola retirada do monumento franquista"

Comentarios