Rueda apela a unha campaña sen "crispación" e a seguir acusa a oposición de “rancor”

O aspirante do PP enxalza as súas cabezas de lista como "mascarón de proa" do proxecto do "primeiro partido da Galiza".

Alfonso Rueda presenta cabezas de lista    pp candidaturas elecciones autonómicas 18F 2024
photo_camera Elena Rivo, Diego Calvo, Alfonso Rueda, Elena Canida e Patricia García (Foto: Europa Press)

O presidente do PP e candidato a reter a Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, apelou aos seus a unha campaña que escape da "crispación" e da "confrontación estéril que buscan algúns nos últimos días" para, deste modo, pór o foco en "tender pontes" e non en "levantar muros" como vía para lograr a confianza dos galegos e que a formación "siga sendo o primeiro partido da Galiza"

Díxoo na presentación das cabezas de lista que o acompañan nas candidaturas do PP para as eleccións galegas nun acto celebrado na mañá deste sábado nun hotel de Compostela.

Flanqueado polo tres números uno nas provincias da Coruña, Diego Calvo; Lugo, Elena Candia; e Ourense; Elena Rivo; e Patricia García, segunda na lista que encabeza o propio presidente galego; Rueda enxalzou as persoas que lideran as candidaturas e que constitúen o "mascarón de proa" dun proxecto que "se identifica coa maioría dos galegos".

Rueda avogou por "defender" durante o cinco semanas que restan para a cita coas urnas "o valor da palabra dada" para facer algo que considera "fundamental": "adquirir un compromiso e cumprilo porque non cambias de opinión".

Segundo Rueda, a oposición "multipartita" pretende que en campaña "non se fale de proxectos" nin tampouco que "se faga balance" porque "para eles todo é un desastre".

Tampouco, di, queren que se fale "de equipos" porque "entre eles hai moitos rancores" como quedou en evidencia coas "coalicións que quedaron en nada" ou as "moitas incompatibilidades" que aprecia nos partidos que aspiran a desbancar o PP da Xunta.

Comentarios