Vence acusa a Feijóo de “pensar máis na súa carreira en Madrid que nos intereses galegos"

O líder do BNG considera que os cambios na Xunta “non se notarán en absoluto” despois do anuncio de que Vázquez e Muñoz deixarán as súas consellerías para presentarse en Ourense e Vigo, respectivamente.

vence-crop
photo_camera Vence, nun acto do BNG.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, afirmou que a "substitución" de Jesús Vázquez e Elena Muñoz á fronte das consellerías de Cultura e Educación e Facenda, respectivamente, "non se notará en absoluto" xa que o que Galiza  necesita é "un goberno diferente".

Este executivo "diferente", ao seu xuízo, "non o vai a confeccionar Feijóo", que "leva seis anos cun goberno de baixo perfil, baixa capacidade política e baixa iniciativa", segundo manifestou en declaracións aos medios tras participar nunha xornada de análise da situación enerxética organizada polo Bloque en Santiago.

En opinión de Vence, "dá a impresión de que xa toda a Xunta está poñendo pés en polvorosa, empezando por Feijóo, que cada vez está pensando máis na súa carreira política en Madrid" en lugar de "na defensa dos intereses dos galegos e galegas".

Jesús Vázquez afirmou que foi o seu “amor por Ourense” o que o convenceu para presentarse como candidato namentres que Elena Muñoz considera que conta con “tempo suficiente” para promover a súa lista en Vigo.

Comentarios