Vence chama a unha ''fronte común'' contra a ''involución antidemocrática'' que carrexa o recorte de deputad@s

O voceiro nacional do BNG presentou esta terza feira a alternativa que achega a súa formación: aforrar nas deputacións e n@s asesor@s de Feijóo.


"Facemos un chamamento a todas sas forzas para facermos fronte común e parar esta involución antidemocrática do PP". Con estas palabras, o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, deu por presentada a alternativa que a formación frontista propuxo perante a teima do PP de reducir de 75 a 61 o número de deputad@s no Parlamento galego. Vence cualificou a medida de "machetazo" e insistiu en que terá un efecto "insignificante" no aforro público.

Porén, a supresión das catro deputacións evitaría o desembolso de 500 millóns anuais, o montante que manexan estes gobernos. Aliás, a supresión d@s 46 asesor@s de Feijóo permitiría aforrar o triplo do que o presidente da Xunta di que quere aforrar coa eliminación de deputad@s. O BNG rexistrou unha proposta de reforma electoral que pasaría por manter os 75 escanos. Iso si, repartidos dunha maneira máis equitativa que reflicta fiel o resultado das eleccións. Lembramos que nos comicios do 21 de Outubro o PP recibiu o 44% dos votos e estes traducíronse no 55% dos escanos. Namentres, máis do 7% dos votos emitidos quedaron sen representación.

Eliminar liñas vermellas que carrexan ''desequilibrio''

O contido da proposta nacionalista debullouna o seu voceiro parlamentar, Francisco Jorquera. Para conseguir un reparto "proporcional" dos escanos, o Bloque avoga por reducir o mínimo de 10 representantes por provincia e a liña vermella do 5% estabelecida para sentar na Cámara galega. 

Aliás, a proposta de reforma inclúe que en campaña electoral os medios públicos galegos deberán emitir "como mínimo" un debate entre as formacións que concorran aos comicios en horario de máxima audiencia. Piden entrevistas tamén en horario de máxima audiencia e eliminar o gasto do reparto de papeletas tanto porta a porta como a enviada por correo postal. 

Comentarios