As viaxes de Feijóo ao estranxeiro non supoñen proveito para Galiza, afirman BNG e AGE

BNG e AGE critican unhas visitas que entenden meramente “electorais’’ e que amosan que nas prioridades do presidente ‘’non está gobernar Galiza’’.

feijoo
photo_camera feijoo

O percorrido de Núñez Feijóo estes días por Arxentina e Uruguai non van ter ningunha repercusión para o país que preside, senón que son viaxes que responden a outros intereses. Así o denuncian BNG e AGE, que coincidiron nas críticas a Feijóo por estas visitas. Para o portavoz nacional do BNG, Feijóo debería descontarse do salario os días que se adica “a facer política para o PP e non a defender os intereses dos galegos e galegas”.

Xavier Vence ve nestas viaxes un exemplo das “prioridades” de Feijóo, que demostran que estas non son “gobernar Galiza e dar resposta a problemas tan graves que temos no ámbito económico”. Pola contra, esas prioridades pasarían por “procurar votos para o PP facendo campaña electoral pagada co orzamento de todos os galegos”.

“Negocios persoais”

Tamén desde AGE foron críticos con esas viaxes de Núñez Feijóo. A súa vice-portavoz, Yolanda Díaz, suxeriu, segundo nota de Europa Press, que eran para negocios persoais. Díaz recriminoulle que non de explicacións no Parlamento sobre este tipo de viaxes que non se traducen “en rendabilidade algunha para este país”.


 

Comentarios