Vinte militantes impulsan unha candidatura para a XV AN do BNG

Está encabezada polo boirense Carlos Branco Ansoar e integrada maioritariamente por militantes e cargos da comarca do Barbanza

bng

Finalmente hai dúas candidaturas presentadas para a renovación dos órganos de dirección do BNG: a proposta polo Consello Nacional saínte e encabezada por Ana Pontón e Goretti Sanmartín, e unha formada por 20 militantes, nomeadamente da zona da Barbanza, e encabezada polos boirense Carlos Branco Ansoar e Raquel Suárez. Fan parte desta lista, entre outros, o ex-alcalde do BNG de Boiro, Xosé Deira, ou a tenente-alcalde do Bloque en Rianxo, Adelina Cés, e Hadriana Ordóñez, concelleira nacionalista neste mesmo concello.

Ambas pasan agora á asemblea nacional con 2.805 militantes inscritos. Cabe a posibilidade de chegar a unha candidatura de consenso ou que ambas se sometan a votación, circunstancia na que, como marca o regulamento, a distribución das persoas que pasarían a integrar os órganos de dirección do Bloque sería de xeito proporcional aos votos obtidos.

Comentarios