En concreto, docentes deste colexio tiveron que gardar a correspondente corentena aproximadamente desde as 13.30 horas da quinta feira até onte ás 12.30 horas.
Foi entón cando as autoridades sanitarias foron chamando un por un os afectados comunicando que, finalmente, o positivo que se detectou non era tal, posto que deu negativo na segunda proba que se lle realizou.
O inicio das clases para o alumnado de Primaria está programado para a vindeira quinta feira 10, polo que xurdira inquietude entre os pais e nais do alumnado, que tamén foron informados o negativo.
O propio director, o músico Alonso Caxade, manifestouse á espera de "ser chamados por Sanidade" para saber como debían actuar no caso de ter que permanecer en corentena durante 14 días.
Precisamente, para o 10 de setembro hai convocada unha folga no ensino polos sindicatos CIG, CCOO, CSIF e STEG, coa que reclaman unha volta ás aulas de maneira presencial e segura.
A Federación Galega de Anpas, Foanpas, presentará a próxima segunda feira un texto de adhesión á folga do profesorado.