A Xunta impón saídas das residencias dun "mínimo de cinco días" e unha PCR negativa para regresar

Esta decisión, froito do acordo entre as consellarías de Sanidade e Política Social, fai que se retiren algunhas limitacións, como aquela que afectaba ás visitas, pero implica probas sanitarias para aquelas usuarias e usuarios dos centros que vaian visitar á familia. O que non aclara o Goberno galego é se o exame correrá por conta da administración pública ou da residencia ou terá que ser pagado de forma individual por cada persoa.
Feixoo de visita na residencia Volta do Castro. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza) #residencias #maiores #desescalada #feixoo #xunta #políticasocial #pandemia #coronavirus #covid19
photo_camera Feixoo de visita na residencia Volta do Castro. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza)
Comentarios