A rúa de San Pedro, en Compostela, foi hoxe unha feira para recibir a primavera. Na Praciña de San Pedro os colectivos Amarante, Verdegaia e Sindicato Labrego Galego organizaron un "mercado transparente" e un mercadiño de troco. Pola mañá construíronse varios maios e organizáronse obradoiros de danza e música. Pola tarde houbo un obradoiro de coplas de maios realizado por Luís Caruncho, pasarrúas, contacontos, unha sesión de astronomía e déuse a coñecer a listaxe das casas mellor decoradas. A noite rematará cunha foliada.
Chega a primavera ao barrio de San Pedro, en Compostela
Chuvia e sol a partes iguais participaron na popular festa de benvida ao bo tempo. A rúa de San Pedro, en Compostela, acolleu maios, música e postos de artesanía ao longo de todo o día.
![Maio en San Pedro](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2012/05/05/2012050520242265484.jpg)