Participar nunha mobilización laboral na defensa dos dereitos dos traballadores e acabar condenado a entrar na cárcere por un delito contra a liberdade dos traballadores. Un sarillo policial e xudicial que ten a catro persoas en Galiza á espera de entrar en prisión se un indulto non o impide. Son Carlos e Serafín (Vigo) e Ana e Tamara (Pontevedra).
Para insistir no indulto e tamén para rexeitar a ''criminalización'' das mobilizacións obreiras concentráronse varios centos de persoas, espalladas en seis cidades do país. Convocadas por CIG, CCOO e UGT mais co apoio doutras organizacións.
Os sindicatos lembran que estas penas de prisión son un “castigo” para persoas “que se significaron na defensa dos dereitos dos seus compañeiros e compañeiras”, pero sempre “dentro da máis estrita legalidade”. Por esta razón, denuncian que as penas de prisión impostas son “inxustas” e “desproporcionadas”. Os tres sindicatos encadran este tipo de castigos no marco da “represión” contra a clase traballadora que afirman protagonizan os gobernos do PP.