Ferido un traballador tras caer co seu camión por un terraplén nunha canteira en Caldas de Reis

Foi trasladado ao Hospital de referencia.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta da Galiza)
photo_camera Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta da Galiza)

Un traballador resultou ferido tras caer co seu camión por un terraplén nunha canteira en Saiar, no Concello de Caldas de Reis, comarca de Caldas.

Segundo informou o 112, foron as urxencias sanitarias quen deron a voz de alarma e indicaron que o único ocupante do vehículo estaba fóra da cabina, maisinconsciente.

Até o punto desprazouse a Policía Local, a Garda Civil e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Caldas e de Cuntis. O home foi trasladado polo persoal sanitario ata o hospital de referencia.

Comentarios