Persoal do Servizo de Axuda ao Fogar de Camariñas exixe "salarios xustos"

A empresa concesionaria négase a pagar segundo o convenio asegurando que o contrato inicial "non contempla revisión algunha".
Protesta esta cuarta feita en Camariñas (Foto: Nós Diario).
photo_camera Protesta esta cuarta feita en Camariñas (Foto: Nós Diario).

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do concello de Camariñas (Terra de Soneira) saíron á rúa onte para pedir que se "actualicen os seus salarios". A mobilización percorreu as rúas desde o porto até o Concello, é será a primeira do calendario de mobilizacións que podería rematar en folga. 

Desde a UXT explican que os salarios das traballadoras "seguen sen ser actualizados" conforme ao que estabelece o seu convenio colectivo desde febreiro de 2023.

Malia varias reunións con responsábeis municipais e da empresa adxudicataria do servizo, a situación non variou.

A compañía alegou que "non actualizaba" os salarios porque o contrato inicial "non contempla revisión algunha", polo que a UXT instou o Concello a sacar unha nova licitación.

O tema levouse ao pleno o día 31 de xullo, mais o Goberno municipal decidiu retirar a proposta "por non haber consenso", puntualizou o sindicato a través dun comunicado.

Comentarios