O ERE de Atento para o 9% do cadro de persoal do Estado tamén afectará a Galiza

O expediente afectará a máis de 800 empregad@s mais a empresa non quer precisar aínda o número definitivo por centros. No centro da Coruña hai 645 traballador@s.

Atento Teleservicios anuncia un expediente de regulación de emprego (ERE) que afectará ao 9% do cadro de persoal que esta forma posúe no Estado español, composta por volta de 9.000 traballadoras e traballadores. 645 des@s empregad@s corresponden ao centro de Atento na Coruña, que será afectado polo ERE mais non se sabe aínda en que medida.

Europa Press sinala que fonte da compañía recoñecen que o ERE vai afectar a máis de 800 empregad@s, se ben indican que até que finalicen as negociacións non se saberá o número definitivo de traballador@s afectad@s por centro.

Nove territorios do Estado español ven ser nos que se aplique este ERE, entre eles A Coruña. A empresa dí que non se vai pechar ningún centro de traballo. A firma xustifica esta media no “deterioro dos resultados económicos”. En 2013, Atento tivo perdas por riba dos oito millóns de euros en 2013.

Comentarios