O paro baixa nunha Galiza que se sitúa á cola do Estado en aumento de filiación á Seguridade Social

O número de persoas rexistradas no desemprego en Galiza baixou nestes 12 meses en 21.124 persoas, situándose nas 252.310. Case a metade delas non cobra xa a prestación.

paro
photo_camera paro

O goberno español, no que xa vén sendo a súa tónica cando os resultados son positivos, adiantara que os dados de desemprego ían ser bos. O propio presidente Mariano Rajoy mesmo afirmou que mostrarían como a economía españla estaba a medrar “a velocidade de cruceiro”. O Ministerio de Emprego deu a coñecer hoxe as estatísticas relativas o mes de xuño. En Galiza o paro descendeu en 11.134 persoas e fica en 252.310 parad@s rexistrad@s. En termos inter-anuais, (de xuño de 2013 até agora) esa baixada no desemprego foi de 21.124 persoas.

Das 252.310 persoas paradas, 135.500 non cobran prestación

Mais nese mesmo periodo de 12 meses a filiación á Seguridade Social aumentou en 4.651 persoas, un 0,51%. Galiza é a última do Estado español (só supera a Castela-León) en aumento de filiación á SS. O incremento medio estatal foi do 1,78%.

Contratación

En Galiza asináronse o pasado mes de xuño un total de 74.217 contratos, dos que o 92,7% foron de carácter temporal (68.816) por un 7,2 por cento indefinidos. A temporalidade e os baixos salarios son, tal e como veñen denunciando as organizacións sindicais, elementos co-substancias ao modelo elexido para saír da crise.

Miguel Malvido, secretario confederal de Emprego da CIG, denuncia que malia estar plenamente en vigor e chamada 'tarifa plana' e de se incrementar a contratación –un 19% máis que no mes de abril- tan só un 7,3% dos mesmos foron feitos baixo algunha das modalidades de contratación indefinida. No mes anterior fora do 7,9%.

“Isto demostra que a falta de emprego non é debida ao seu custo, senón á falla de demanda; os datos confirman que aínda que sexa regalado facer contratos indefinidos prefiren optar por calquera das modalidades temporais en vigor”, explica Malvido.

Comentarios