A xuíza emite informe contrario ao indulto a Carlos e Serafín

Más de 500 persoas participaron en Vigo na mobilización convocada para rexeitar a entrada en prisión dos dous traballadores.

2014 06 11 ProtestaIndultoVigo13.grande

A xuíza do Social de Vigo remitiu un informe contrario a que o Consello de Ministros conceda o indulto a Carlos e Serafín, os dous traballadores que están a piques de entrar en prisión por tomar parte nunha folga do transporte en 2008. Así o manifesta a CIG, que esta cuarta feira participu con outros sindicatos (CCOO e UGT) nunha nutrida mobilización en Vigo a prol da medida de graza para estes dous traballadores.

Por volta de 500 persoas tomaron parte nesta concentración, máis unha das que se están a realizar desde hai meses para atinxir o indulto para Carlos e Serafín.

“Os casos de Serafín e Carlos non son illados: no noso país xa houbo máis, pero tamén no resto do Estado, a día de hoxe hai preto de 40 casos similares. Repítense sempre as mesmas pautas, así como as condenas que solicitan as Fiscalías: penas desproporcionadas, inxustas e abusivas que pretenden amedrentarnos e debilitar a nosa capacidade de resposta como clase. Unha vez máis, vemos como os tribunais, ditando estas sentenzas inxustas, colaboran na máis brutal represión contra a clase traballadora, convertendo nun delito a defensa dos seus dereitos, a loita por condicións de vida e de traballo dignas”.

Ana e Tamara

Tamara Vidal e Ana Outerelo, as tdúas raballadoras de instalacións deportivas condenadas a tres anos de prisión pola súa acción nun piquete, desprazáronse nesta cuarta feira a Madrid para formalizar perante Ministerio de Xustiza a petición de indulto.

Comentarios