![Intervención de Alberto Núñez Feixoo durante unha sesión de control ao Goberno español no Senado. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)](/asset/thumbnail,998,552,center,center/media/nosdiario/images/2023/06/29/2023062914094892876.jpg)
O Senado é, de acordo co disposto na Constitución de 1978, a Cámara de representación territorial. E para logralo procúrase unha distribución máis equitativa entre territorios: catro senadores e senadoras por circunscrición —agás nas illas e Ceuta e Melilla— e outros 57 que designan os parlamentos autonómicos; tres, no caso da Galiza. Porén, a utilidade da Cámara alta é cuestionada en cada cita coas urnas no Estado español, polo que en Nós Diario decidimos abrir o debate da man de Antonio Martín, doutor en Dereito, e Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e analista político.
LE AQUÍ AS OPINIÓNS COMPLETAS DE ANTONIO MARTÍN E XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA NO DEBATE DESTE SÁBADO
E ti, que opinas? Cres que o Senado cumpre a súa función como Cámara de representación territorial?