![Unha edición pasada da Festa da Auga vilagarciá. (Foto: Turismo Rías Baixas)](/asset/thumbnail,998,552,center,center/media/nosdiario/images/2022/08/11/2022081111072149745.jpg)
Vilagarcía celebra a próxima terza feira, 16 de agosto, a popular Festa da Auga, marcada este ano pola alerta de seca que sofre o país. O Concello avanza que non haberá mangueiras para reducir o gasto, mais desde Ecoloxistas en Acción piden cancelar o evento.
E ti, que opinas? Debe celebrarse a festa?