Catalunya

Artur Mas
Països Catalans

Artur Mas:''Non descarto a declaración unilateral de independencia''

O president deixa claro que ''a marcha atrás non é unha opción'', en referencia ao dereito a decidir. De se impedir polo Estado español poder consultar á cidadanía, o mandatario catalán di que non se pode descartar a DUI: Declaración unilateral de independencia, malia que “non é o noso marco ideal”.

Països Catalans

Os traballadores de TV3 rexeitan o convenio proposto pola empresa

A diferenza do cadro de persoal da radio catalá, o da televisión negouse a aceptar a oferta da compañía. A nova non pasa desapercibida en Galiza, onde a CRTVG está a negociar un novo convenio colectivo con redución de masa salarial.

García-Margallo, ministro de Exteriores
INTERNACIONAL

"Unha Catalunya independente ficaría excluída da UE polos séculos dos séculos"

A UE continúa a ser empregada como arma arreboladiza polo Goberno español no contencioso con Catalunya. Unha declaración de independencia "condenaría Catalunya a vagar polo espazo sen recoñecimento internacional", dixo esta segunda feira o chanceler español, José Manuel García-Margallo

CiU
Països Catalans

CDC, disposta a proclamar unilateralmente a independencia de Catalunya após unhas plebiscitarias

Mentres a imprensa unionista española bombardea con que a patronal catalá se desmarca da onda soberanista, Convergència Democràtica de Catalunya vai revelando aos poucos os seus planos.

Països Catalans

Unha trintena de xuíces e maxistrados asinan un manifesto a prol do dereito a decidir de Catalunya

Consideran que no marco constitucional actual, ''interpretado de acordo coa normativa internacional e os principios e dereitos fundamentais que a inspiran”, é viábel o exercicio do referendo catalán. 

estelada garda civil
Països Catalans

Garda Civil patrulla unha vila catalá anotando que casas penduran bandeiras independentistas

A veciñanza de Sant Celoni denunciou nas redes sociais o que considera unha 'provocación' e conseguiu que #GuardiaCivilTincEstelada fose un exemplo diso que se denomina 'viralidade'.

O non a Cataluña

Simplificar e contradicir as expresións nacionais de Cataluña foi un arduo empeño de conquista colonial do Conde Duque de Olivares, o todo poderoso valido de Filipe IV; o promotor dun Estado único do que moitos chamaron o benfeitor do colonialismo interior da península. 

protestos
Països Catalans

Traballador@s da TV3 barallan unha folga indefinida contra a baixada dun 13% nos salarios

O convenio colectivo expirou o 31 de xaneiro e a reforma laboral permite impor outro, de ámbito estatal, que permitiría a drástica redución dos salarios. O cadro de persoal esixe que se prorrogue uns meses o acordo en vigor para que as negociacións continúen, mais a dirección négase.

junqueras
Països Catalans

ERC prepara unha candidatura cívica face as europeas

A listaxe con que concorrerán aos comicios do 25 de Maio irá encabezada polo filósofo Josep María Terricabras, a quen Esquerra xa propuxera en novembro de 2013 cando barallaba unha candidatura conxunta canta EH Bildu e a CUP. 

somescola
Països Catalans

Chamada á desobediencia en Catalunya após impor o TSJC unha de cada catro aulas en español

O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya ditou cinco sentenzas en que esixe á dirección doutras tantas escolas que deixen de aplicar o modelo lingüístico da inmersión. 

José María Aznar
Mundo

FAES afirma que o proceso soberanista catalán é unha ameaza para a paz

A fundación FAES, presidida polo ex presidente José María Aznar, publica na súa páxina web un argumentario en que defende que o proceso soberanista catalán “busca a ruptura, a quebra da convivencia e a paz” e dará como resultado unha Catalunya “pobre e desgarrada”. 

Oriol Junqueras, president de ERC
Països Catalans

Junqueras anuncia que ERC non irá en coligación con CiU ás eleccións europeas

Non haberá candidatura catalá ERC-CiU á Eurocámara, así que todo apunta a que o partido de Oriol Junqueras irá en coligación co BNG e con EH Bildu.

catalunya ràdio
Països Catalans

Comeza o Plan Rajoy: o Estado prohibe as emisións de Catalunya Ràdio no País Valenciá

Na entrevista en Antena 3 TV, e embora non quixo "adiantar acontecimentos" -frase mantra que repetiu en varias ocasións-, Rajoy deslizou que tiña un plano para Catalunya. Esta terza feira comezou a cumprilo: ás 20 horas, Catalunya Ràdio deixou de se poder sintonizar no País Valenciá, por orde do Goberno español.

Esquerda Unida
POLÍTICA

EU aspira a aplicar o "modelo catalán" para integrar AGE na candidatura de IU federal

A organización comezará a traballar no programa electoral e a candidatura ás europeas á espera de que Anova determine a súa política de alianzas. 

escola
Països Catalans

O Goberno balear multará as escolas que penduren lazos coa "senyera"

As accións simbólicas en defensa da escola en catalán e contra a política españolista do Goberno das Illas Baleares serán obxecto de sanción económica ao entrar esta segunda feira en vigor a Lei de Símbolos. Abalarán entre os 5.000 e os 10.000 euros. Mais as medidas represivas non pararán a campaña reivindicativa da lingua catalá nun territorio clave dos Països Catalans.

Països Catalans

O Parlament aproba pedir ao Congreso a competencia para o referendo de autodeterminación

CiU, ERC, ICV e 3 deputad@s do PSC votaron a favor de pedir á Cámara española que transfira a competencia a Generalitat para convocar referendos. PP, C´s e PSC posicionáronse en contra. A CUP abstívose ''por coherencia independentista''.

A sombra de Catalunya

Desacóugame o silencio social reinante na Galiza verbo do desexo maioritario da sociedade catalá de decidir libremente o seu destino ou futuro, expresado politicamente na vontade da Generalitat de convocar un referendo de autodeterminación para novembro deste ano.  Até o de agora, agás nos medios nacionalistas, naturalmente favorábeis a tal propósito, o dominante consistiu en reproducir, con baixo perfil, as consignas emanadas desde Madrid polos partidos estatais, polos medios de comunicación hexemónicos e polo Goberno central. 

Mitin da CUP en Barcelona
Països Catalans

CUP chama a 'deixar de mirar para Madrid' e facer a consulta con ou sen permiso

A Candidatura d'Unitat Popular anuncia que se absterá na votación para pedir ao Congreso que ceda a Catalunya a competencia para convocar referendos. ''A realización do referendo depende da vontade democrática do pobo catalán'', sostivo o deputado independentista Quim Arrufat.

diada
Països Catalans

Milleiros reclaman na Diada de Mallorca a autodeterminación dos Països Cataláns

Unha manifestación unitaria que decorreu en Palma incidiu na defensa da soberanía esta segunda, véspera da Diada.

O que lle dá medo ao goberno de Madrid da consulta catalá

É dabondo significativo que, sobre o asunto soberanista catalán, o que máis semella preocuparlle ao goberno, máis que o resultado do plebiscito é que este chegue a celebrarse. O ministro Gallardón repíteo en canto lle preguntan pola cousa