Covid-19

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, ante os medios ao remate do Consello da Xunta (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Feixoo: "Por suposto que sería mellor non celebrar reunións familiares en Nadal"

O presidente da Xunta avanza que veñen semanas moi duras que obrigarán a novas restricións.

Unha muller con máscara en Lisboa (Foto: Pedro Fiuza / Zuma Press)
INTERNACIONAL

Conta atrás para o confinamento en Portugal

O país entrará en confinamento xeral ás 00 horas da próxima quinta-feira. Portugal rexistrou 7.502 novos casos de coronavirus e 102 mortes nas últimas 24 horas. O primeiro ministro xa avanzou que se tomarán medidas como as adoptadas en marzo e abril, a excepción das escolas, que si abrirán.

Traballadores sanitarios totalmente protexidos acoden á residencia de maiores de San Cibrao (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Duplícanse os positivos nas residencias após o Nadal

Se o pasado Día de Reis eran 142 as persoas usuarias de residencias con coronavirus, en apenas catro días os contaxios duplicáronse até chegar este domingo aos 280 positivos.

Cidadás e cidadáns transitan coas súas máscaras por Tokio, capital do Xapón (Foto: Rodrigo Reyes Marin / ZUMA Wire / Dp / DPA)
INTERNACIONAL

Xapón detecta unha nova variante do coronavirus en catro viaxeiros procedentes do Brasil

Detectan no Xapón unha nova variante do coronavirus en catro viaxeiros procedentes do Brasil
Cadeiras baleiras nunha terraza (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta estuda volver fechar a hostalaría nos concellos máis afectados

O comité clínico que asesora a Xunta na pandemia estuda un fechamento xeneralizado da hostalaría e outras actividades non esenciais nos concellos máis afectados co obxectivo de "limitar a mobilidade".
Sanitarias realizan unha proba PCR (Foto: David Zorrakino / Europa Press).
SOCIAL

Os contaxios seguen disparándose na Galiza con 718 novos casos 

Nas últimas horas detectáronse na Galiza até 718 novos contaxios de Covid-19. O avance da pandemia non recúa nestes días posteriores ao Nadal, co récord rexistrado onte con 798 contaxios nun só día. Ademais aumenta a presión nos hospitais.
 
mapa gz
SOCIAL

Consulta neste mapa interactivo as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 10 de xaneiro no teu concello así como o nivel de incidencia.

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

Terraza na Praza Roxa de Santiago (Foto: Europa Press)
TRABALLO

A hostalaría ve nas novas restricións un “feche encuberto” co que a Xunta evita pagar axudas

A hostalaría afronta a primeira xornada de novas restricións con malestar e resignación e ve nas novas medidas da Xunta unha orde encuberta de fechamento dos negocios. Acúsana de optar por esta vía e non polo cerre total para evitar así ter que pagar axudas a un sector afogado pola pandemia. 

Un traballador sanitario acode nunha ambulancia á residencia de San Cibrao (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Aumentan os contaxios nas residencias de maiores, que suman 235 casos

As residencias galegas rexistran 28 novos contaxios.

Xente paseando con máscara na rúa San Pedro, en Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Galiza bate o récord da pandemia ao detectar 798 novos contaxios nun só día

Só pasaron tres días desde a fin do Nadal e a Galiza xa bate o récord de toda a pandemia con 798 novos contaxios detectados por proba PCR nun só día. Esta cifra supera os 785, a anterior máis alta, que notificara a Consellaría de  Sanidade o pasado 1 de novembro, pico da segunda onda.

mapa gz
SOCIAL

Consulta neste mapa interactivo as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 9 de xaneiro no teu concello así como o nivel de incidencia.

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

Tamén o entroido

Instalacións da residencia de Eirís, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Covid: 27 novos falecementos desde a segunda feira levan o número de vítimas ás 1.441

Até seis das e dos doentes falecidos estaban vinculados con residencias de maiores, dous deles coa San Bartolomeu de Xove e outros dous coa Santa Teresa de Jornet, situada no barrio coruñés de Eirís.
Os locais hostaleiros de Compostela só poderán abrir as terrazas a 50% (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
star
Novas restricións para a hostalaría en Compostela, A Coruña e Ourense

Sanidade insta a poboación a "autoconfinarse"

O comité clínico sitúa Compostela no nivel 'extremo' de alerta e os concellos da Coruña e Ourense pasan á categoría de 'medio alto'. Por outra banda, limítanse en todo o país as visitas a usuarias de residencias a unha por semana, e esténdese o feche perimetral na fronteira con Portugal até o 31 de xaneiro. Non se restrinxe a mobilidade por franxas de idade nin en base a outros criterios, mais Sanidade fai unha chamada ao "autoconfinamento" e pide limitar o contacto con persoas non conviventes. 
Concentración da hostalaría na praza de María Pita, na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
ECONOMÍA

Covid: A hostalaría ve "desproporcionadas" as medidas adoptadas pola Xunta

As zonas máis afectadas polas restricións anunciadas hoxe son Compostela, A Coruña e Ourense e parte das súas comarcas. O sector amósase enfadado porque se lle faga culpábel do aumento de casos. Rexeitan que os contaxios se estén a dar nos seus negocios e os concellos afectados piden axudas para estas empresas.
Lugo cando se levantou o fechamento perimetral da cidade. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta restrinxe o traballo da hostalaría en Compostela, A Coruña e Ourense

O comité clínico e a Consellaría de Sanidade acordan elevar a situación de risco nas tres comarcas destas grandes cidades. O conselleiro Julio García Comesaña pide á poboación "unha especie de autoconfinamento" para os próximos días.
Edificio da residencia de Salvaterra de Miño. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Fiscalía arquiva as dilixencias sobre a residencia de Salvaterra, que acumula denuncias por deficiencias

A Fiscalía arquivou as dilixencias sobre as condicións da residencia de maiores de Salvaterra de Miño ao "non poder acreditar o incumprimento grave da normativa administrativa", pese ás reiteradas denuncias de sindicatos e persoal sobre a falta de medios e a situación “insalubre”.
Un usuario da residencia de San Cibrao (Foto: Carlos Castro - Europa Press)
SOCIAL

Crecen os positivos nas residencias ao medraren os gromos de Vimianzo, Xove e A Pastoriza

Galiza rexistra 214 maiores con Covid-19 en residencias. Nas últimas horas notificáronse 17 novos positivos.
 
Mozos na terraza dun bar en Lugo durante o Nadal (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Feixoo descarta o confinamento total pero prevé novas restricións á hostalaría

O presidente da Xunta non contempla necesario un confinamento como o de marzo para frear o avance do virus pero si prevé que na tarde deste 8 de xaneiro se anuncien restricións á hostalaría [EN AMPLIACIÓN]
Un traballador sanitario na residencia de maiores San Cibrao (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta estuda non permitir visitas ás residencias até vacinar todas as usuarias e o persoal

O Goberno galego estuda fechar as visitas ás residencias de maiores até que finalice a vacinación total de todas as usuarias e usuarios e do persoal destes centros.