Covid-19

Residencia de DomusVi en Castro de Rei. (Foto: Carlos Castro/Europa Press)
SOCIAL

Covid: As usuarias das residencias só poderán saír unha vez para celebrar o Nadal

A Consellaría de Política Social presenta un plan de actuación que implicará a realización de probas PCR ás e aos residentes antes de regresar a estas infraestruturas para evitar novos surtos de gran alcance como até o de agora. Ademais, pasarán unha corentena de sete días illados das e dos compañeiros.

A comunidade experta advirte dun aumento de 10% na mortalidade entre as doentes con cancro de mama e de 15% con cancro colorreital.
SOCIAL

A OMS alerta dun ascenso da mortalidade polo descoido na atención a outras doenzas

O colectivo de pacientes galegos referenda o temor expresado pola OMS e expresan a súa preocupación polo esquecemento dos doentes crónicos ou con enfemidades curábeis que ante a falta de atención sanitaria ven empeorar a súa calidade de vida. A Covid fixo aumentar os tempos de espera no primeiro semestre do ano e ampliou o desleixo na atención a pacientes sen coronavirus, o que suporá un aumento da mortalidade, afirman.
Un home recolle uns cafés nun bar de Carballo. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Covid: A área da Coruña está "próxima a apertura" segundo Sanidade

O responsábel do departamento da Xunta, Julio García Comesaña, deixa a última decisión sobre o levantamento do feche perimetral nos municipios da Coruña, Arteixo, Culleredo e Cambre ao comité clínico, que volverá a ter unha xuntanza de traballo na sexta feira.
Os feitos tiveron lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Foto: EP).
SOCIAL

Un foco de Covid detectado no Hospital Álvaro Cunqueiro causa o adiamento de ecografías

Afectou seis profesionais de Radioloxía.
Ambiente de Nadal nunha rúa de Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Fechamento perimetral de Santiago e máximo nivel de restricións en Ribeira, Bueu e Baiona

A decisión foi tomada na xuntanza co comité clínico que asesora ao Goberno galego sobre a evolución da pandemia. 
Ambiente de Nadal nunha rúa de Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

Peche de Santiago e máximo nivel de restricións a Ribeira, Bueu e Baiona

Os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra, pasan ao nivel medio alto de restricións

Xornada de baixada das restricións en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Menos dun 5% das galegas e galegos pasou o virus e ten anticorpos

Esta taxa, resultante da cuarta rolda do 'Estudo Nacional de Seroprevalencia', é a segunda menor do Estado español. Tan só houbo menos contaxios nas Illas Canarias. Varias comarcas do interior foron as que tiveron unha peor evolución respecto á Covid-19.

Margarita Poza, no centro a canda o seu equipo, é especialista en Microbioloxía, investigadora do Inibic e profesora da UDC.
SOCIAL

Margarita Poza: "Os nosos modelos estatísticos baseados en augas residuais alcanzan unha precisión de 90%"

Un equipo multidisciplinar lidera desde abril o rastrexo de coronavirus nas augas residuais da área da Coruña. A partir da carga viral detectada, o proxecto CovidBens é capaz de alertar as autoridades do aumento de contaxios con dúas semanas de antelación e de estimar mediante modelos estatísticos o número de portadores do virus. 
EuropaPress_3424832_cola_cribado_coronavirus_realizado_santiago_24_octubre_2020
SOCIAL

Covid: Aumentan os casos activos e os ingresos hospitalarios

Descenso no número de contaxios.

EuropaPress_3478803_14_december_2020_england_london_protesters_take_part_in_an
INTERNACIONAL

Varios Estados europeos seguen o ronsel alemán e estabelecen estritas restricións

A dez días do Nadal, a situación epidemiolóxica en Europa dista moito da estimada hai un mes cando se estabeleceron as restricións para chegar a estas datas con maior folgura. Agora, o medo ao descontrol posvacacional levou a un cambio de plans e Alemaña foi a primeira en dar o paso de endurecelas.
Feixoo falou hoxe do futuro coa pandemia. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Feixoo sobre a Covid-19: "Quedan meses moi duros"

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, advirte ao seu equipo de que hai que "seguir resistindo" e de que o desafío é de gran magnitude.
Unha persoa é trasladada a un centro hospitalario contaxiada pola Covid-19. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Repunta de hospitalizados na Galiza, mentres os casos activos soben a 5.560

Os novos positivos detectados baixan a 323, coa área sanitaria de Santiago como foco, pero con todo soben as  PCR realizadas nun día.

 

Mesa redonda do I Congreso Internacional do Teatro Galega (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

As artes escénicas ollan outras latitudes

A posíbel creación dunha rede de compañías residentes nas principais cidades e vilas do país é un dos vellos debates que, de forma recorrente, se reactivan na escena teatral galega. O I Congreso Internacional do Teatro Galego voltou a pór enriba da mesa esta cuestión, arredor da que non existen no sector opinións unánimes. Alén dos problemas formulados pola falta de compromiso orzamentario por parte das administracións, algunhas voces apuntan a outros modelos, de tipo mixto, asentados noutras maneiras de entender a profesionalización dos axentes implicados. 
A devesa do Cervo na primavera.  (Foto: Colectivo Xea).
star
Reportaxes

Facer país nunha botella: o camiño do Ribeiro na internacionalización da Galiza

Baixo o paraugas da marca Camiño do Viño Ribeiro, este produto amosa á Galiza e ao mundo unha historia entretecida a base de rutas, camiños, paisaxes, lugares de arquitectura simbólica, hospedaxes e adegas vital para a nosa historia comercial. Un viño, o Ribeiro, coa denominación de orixe máis antiga do país e unha das máis veteranas de toda a Península, cuxa historia chega até Inglaterra ou América da man de Colón. Falar desta bebida, expoñen viticultoras, adegueiras e expertas, é ir máis aló da mera cata e procurar unha experiencia ao ar libre en tempos onde o enoturismo, en alza, procura solucións para as súas visitantes na época da Covid-19.
Vista aérea do campo de Moria, na illa grega de Lesbos.(Foto: Dimitris Tosidis)
star
Reportaxes

As máis fráxiles: unha ollada á covid-19 desde a marxe de europa

Ao risco sanitario da pandemia súmase outro máis antigo: esquecer o invisíbel. Por iso Sermos Galiza pon o foco nas persoas que habitan nas marxes da promesa. O campo de Moria, na illa grega de Lesbos, o maior de Europa, é unha auténtica bomba de reloxaría para un contaxio que, polo momento, lograron evitar. Botamos unha ollada ás principais problemáticas que atravesan e ás solucións que xorden da autoxestión das propias migrantes.
Burato do inferno (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Ons literaria

A illa de Ons conquista autoras e autores que crean historias nas que esta terra é protagonista. Coincidindo co confinamento domiciliario por mor da COVID-19, destacamos títulos como A bordo das Ons, de Marta Lemos, Ons no meu corazón, de Julio Santos, Ons, ondas do mar riso, de Emilio Araúxo, Ons, de Carlos Meixide, e Namoreime en Ons, de Staffan Mörling. Todos eles propoñen olladas sobre a fermosura deste lugar e o seu acubillo, mais tamén da complexidade de habitalo. Pois como recoñece a veciñanza, vivir en Ons supón estar illadas todo o ano. 
castroferro_bn
star
Reportaxes

Castroferro: Interiores emocionais

Moitas das lectoras e lectores que se atopan nas súas casas darían en reflexionar sobre a importancia que ten o interior dos nosos fogares para sermos felices. Estes días de reclusión forzada valórase moito que na vivenda entre o sol, que teña un balcón ou terraza ao que saír, que a distribución permita ter espazo de intimidade, que se adapte ao teletraballo... En definitiva, que os espazos onde convivimos sexan lugares confortábeis e flexíbeis. Nunca tantas horas pasou o país dentro da casa para poder examinar o funcionamento do seu fogar.
Representación de 'O mel non caduca', da compañía Ibuprofeno Teatro.
star
Reportaxes

GZ-distópica: futuros que falan do presente

O virus espandiuse rapidamente. Cando se declarou o estado de alarma, a cousa tornou seria. Recluídas nas súas casas, debían saír para o mínimo imprescindíbel. Evitar o contacto, illarse, baixo a promesa do ben común… Hai uns meses, estas liñas ben poderían ser tiradas, coa venia da miña prosa, dunha novela de ciencia ficción. Mais hoxe, semella que chegou a distopía. Catastrofismos á parte, adentrámonos nos universos distópicos das creadoras galegas para, diseccionando o propio concepto, rastrexar o presente que agocha e constitúe a cerna da propia distopía.

Lucía Freitas-9
star
Entrevistas

Lucía freitas cociña na casa

Resulta complicado, despois de falar coa chef Lucía Freitas (Compostela, 1982), resistirse ao contaxio –que símil tan mal traído nestes tempos– dese mal endémico que padecen tantos xornalistas gastronómicos representado pola mendicidade de convites para xantar nos restaurantes das persoas entrevistadas. Mais, cando a protagonista ten o nivel de Lucía Freitas e dirixe un restaurante como A Tafona (Compostela), distinguido coa estrela Michelín, un pode até comprender a eses arteiros plumiñas, que tanto teñen que estar sufrindo polo feche total da hostalaría na actualidade.
star
Entrevistas

Ramón Regueira : Vivir con medo

Ramón Regueira Varela (Melide, 1943) teno claro: "A culpábel de todo o que pasa na Galiza nestes momentos é a Xunta, porque o señor Feixoo ten transferidas a sanidade, a educación e a dependencia, e se aquí non funcionan ben eses eidos, a responsabilidade é súa". Porén, o home que hai case 40 anos fundara a Aula Castelao de filosofía, pensa que a saída da crise provocada pola pandemia da COVID-19 non só pasa por un cambio político, senón tamén por unha revolución das ideas e un cambio de paradigma mental e social articulado arredor do público.