Covid-19

EuropaPress_3351868_director_centro_coordinacion_alertas_emergencias_sanitarias_ccaes_fernando
SOCIAL

Covid: Simón xustifica a falta de concreción nas medidas prohibitivas pola “urxencia”

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, asegura que os equipos científicos xa están a traballar en análisis para control unha expansión do virus menor aos 500 casos activos por cada 100.000 habitantes.
Persoas portan un número por cada falecido nas residencias de Domus Vi en Barreiro e Aldán (Nós Diario)
SOCIAL

As residencias de maiores suman 51 falecementos na segunda vaga da Covid

Desde o mes de agosto o número de contaxios nestes centros medrou paulatinamente, con brotes detectados nos centros de El Pinar, en Culleredo, DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, ou O Incio.
EuropaPress_3323922_punto_covid_auto_hospital_alvaro_cunqueiro_vigo
SOCIAL

Crean un 'Covid-auto escola' para centralizar as PCR á comunidade educativa

Este sistema para "descargar" de traballo a Atención Primaria e, sobre todo, as áreas de Pediatría comezará a funcionar entre esta sexta feira e principios da semana próxima. Tamén haberá partidas económicas para mercar luvas e máscaras, mais só para estudantado que vaia a clase sen elas.
metro madrid, coronavirus, confinamento
Ayuso acode ao xulgado contra as medidas sanitarias

O Goberno español ordena confinar Madrid para tentar frear o coronavirus

A publicación no Boletín Oficial do Estado das novas medidas para combater o coronavirus adianta unha nova fase na xestión da pandemia. Mentres o confinamento de Madrid e doutras localidades da súa área metropolitana é cuestión de horas, Díaz Ayuso e o Partido Popular prepáranse para unha nova batalla contra o Goberno español.

EuropaPress_3351039_presidente_xunta_alberto_nunez_feijoo_rueda_prensa_consello_xunta_octubre
SOCIAL

Covid: Galiza cumplirá a orde do Estado malia rexeitar a súa aprobación

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, afirmou hoxe que seguirán os criterios do Goberno do estado español. No entanto, advertiu de que estaban pensados para unha autonomía en concreto e de que están "improvisados".
Persoal sanitario durante o manexo de tests de antíxenos. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Os casos activos volven subir na Galiza após uns días de leves descensos

Son 4.259, oito máis que na xornada de onte.

EuropaPress_3350516_desayuno_informativo_bng_santiago_compostela_ana_ponton_goretti_sanmartin
POLÍTICA

BNG pide non "converter o problema de Madrid no de todos" e chama a "evitar os erros" de marzo

Ana Pontón censura que Feiixoo "se poña a facer partidismo" e suba ao "barco á deriva que é o PP, pilotado por Casado e Ayuso"

Proba do test do coronavirus na Galiza (Imaxe: Xunta)
SOCIAL

Sanidade xustifica as restricións no Barco por ter a taxa "máis alta da Galiza" e o "alto risco"

A extensión de medidas a Meis e Sanxenxo obedece a que "contribúen ao aumento da incidencia na comarca", superior ao conxunto do país.

Polígono da Grela
Denúnciao a CIG

Despedido un traballador en observación por Covid o día en que a súa parella deu a luz

CIG acusa a empresa ‘La Veneciana’ de querer evitar que o traballador exerza os dereitos de paternidade.

hospital campaña madrid (Europa Press)
POLÍTICA

As novas restricións do BOE pola Covid: O Goberno estatal dá 48 horas para que principien a aplicarse

“Este acordo será de obrigado cumprimento para todas as comunidades e cidades autónomas integrantes do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde”, sinala o BOE, incluídas as que rexeitaron as medidas, como Madrid, Andalucía, Catalunya, Galiza e Ceuta. Na práctica afecta unicamente a Madrid, Alcalá de Henares, Alcobendas,  Alcorcón, Fuenlabrada, Xetafe, Leganés, Móstoles,  Parla e Torrexón de Ardoz.

De Madrid ao ceo?

EOI Compostela
SOCIAL

A falta de profesorado de reforzo obriga a cancelar exames nas escolas de idiomas

A negativa da Xunta a enviar profesorado de reforzo ás Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) para realizar os exames previstos nestas semanas nas novas condicións de distanciamento que impón a Covid-19 obrigou nas últimas horas a maioría dos centros galegos a suspender as probas de certificación do alumnado matriculado en modalidade libre en varios niveis de galego e inglés.
test, coronavirus
SOCIAL

O coronavirus provoca seis novas mortes no país

Os falecementos, confirmados nas últimas horas, aumentan o número de vítimas mortais da pandemia na Galiza a 746. Tres dos pasamentos tiveron lugar na Coruña malia que o ritmo de contaxios xa sexa maior noutras áreas sanitarias.
illa
SOCIAL

Sanidade imporá a restrición de mobilidade malia o rexeitamento da Galiza

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, desoe as críticas de varias autonomías e seguirá adiante coa medida para limitar os movementos cando haxa 500 casos activos de coronavirus en municipios de máis de 100.000 habitantes. A orde estará lista nuns días.
sanidade, covid-19, reunión
SOCIAL

Galiza rexeita as restricións pola pandemia que propón Sanidade

Após que a Comunidade de Madrid acordase onte limitacións para todo o Estado español na reunión do Grupo Covid-19 e a súa presidenta dera marcha atrás esta cuarta feira, varios territorios néganse a acatar as recomendacións do Goberno de Pedro Sánchez. A Xunta critica que non se atenda a outros parámetros como a vulnerabilidade ou a presión nas urxencias.
coruña terrazas, cafetarías, hostalaría
Medidas derivadas da Covid-19

A Coruña permite que o ocio nocturno cambie temporalmente de licenza

O Concello facilitará aos pubs que traballen como cafetarías para evitar ao empresariado todas as perdas derivadas do feche das actividades de hostalaría polas noites. É unha medida que tenta axudar o sector ante as consecuencias da pandemia.
Parque de San Lázaro (Ourense, Turgalicia)
SOCIAL

Sanidade restrinxe a 5 persoas as reunións privadas en Ourense e aplica restricións no Barco, Sanxenxo e Meis

Levántanse as medidas restritivas na Coruña, Lalín, Silleda e Vilaboa, mentras que se manteñen nos concellos de Santiago, Lugo, Poio, Pontevedra, Marín, Ourense, Verín, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, así como no Milladoiro (Ames)

EuropaPress_3298838_profesional_sanitario_baja_ambulancia_viaja_paciente_covid-19_sido
SOCIAL

Galiza rexistra outros 163 positivos e os casos activos sitúanse en 4.251

O número de persoas falecidas pola Covid sitúase en 740 após o falecemento de 4 persoas na tarde da terza feira.

Vista de Vigo (Imaxe: Rtve)
SOCIAL

Cal é a situación nas cidades galegas de máis de 100.000 habitantes?

Nin Vigo, nin A Coruña nin Ourense presentan actualmente as condicións pactadas por Madrid e Goberno español para impor novas restricións no Estado por mor do coronavirus. A que máis e achega é a urbe viguesa.

Pedro Sánchez e Isabel Díaz Ayuso na rolda de prensa posterior á xuntanza que mantiveron en Madrid (Imaxe: J. Hellín Pool / Europa Press)
POLÍTICA

Madrid e Goberno español acordan os criterios a aplicar nas cidades de máis de 100.000 habitantes de todo o Estado

Todas as cidades do estado con máis de 100.000 habitantes cunha incidencia de 500 casos, un 10% positivos e cun 35% de UCI adheriranse á mesma normativa para deter o Covid-19. Até o de agora, só 10 cidades da comunidade de Madrid entran neses requisitos.