Covid-19

africa
INTERNACIONAL

O contaxio acelérase en África e supera os 7.000 casos

A maioría están localizados nos países do Mediterráneo. Na rexión subsahariana, Burkina Faso suma 288 casos e 16 mortes. Por outra banda, a suxestión de dous doutores franceses provoca unha airada reacción por parte de varios futbolistas.

onu
INTERNACIONAL

Os EUA e UE impiden unha resolución na ONU contras as sancións unilaterais

A proposta de Rusia foi rexeitada, e a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou finalmente unha resolución alternativa por unanimidade.

vehiculo coronavirus (Europa press)
SOCIAL

Interceptan na A-6 un coche repleto de equipaxe que viña de Madrid e ía á costa galega


 

cadena montaxe traballo mikel arrazola
TRABALLO

Os ERTEs continúan aumentando e xa pasan de 30.000 na Galiza

160.000 traballadores e traballadoras afectadas por estes expedientes.

touradas pontevedra @las3tes
SOCIAL

Piden destinar a praza de touros de Pontevedra para uso sanitario ou social

Galiza, Mellor Sen Touradas reclama implantar esta medida e propón asumir as instalacións para o patrimonio cidadán tras a corentena.
Hospital Nosa Señora da Esperanza, en Compostela (Arxina)
SOCIAL

A ASPE confirma que a Xunta deriva a hospitais de campaña malia haber camas nos privados

"Parece dar ordes expresas recentes de que os pacientes vaian a hospitais de campaña e non a centros sanitarios privados", denunciou a Alianza da Sanidade Privada Española.

Manifestación CIG-Automoción en Pontevedra (Nós Diario)
TRABALLO

CIG cualifica de "erráticas" as medidas dos gobernos español e galego nesta crise

Reclama que o financiamento do Estado pase pola aprobación de impostos as grandes fortunas, grandes empresas ou a nacionalización de sectores coma o enerxético.
Exterior do Chus en Compostela (Arxina).
SOCIAL

COVID-19 na Galiza: unha de cada dez contaxiadas xa foron dadas de alta

O número de infectadas polo coronavirus é de 4.635, segundo a Xunta, das que 176 permanecen na UCI. Hai 155 falecidas.

Ismael Ramos. Xaneiro de 2018.
Cultura

Música para o confinamento: as 7 cancións de Ismael Ramos, poeta

Propoñemos a persoas con diferentes perfís que partillen coas lectoras de Nós Diario sete cancións para escoitar nestes días de quedar na casa pola crise do coronavirus. 
EuropaPress_2775102_estudiantes_universitarios_imagen_archivo
SOCIAL

O estudantado pide "compromisos" ás Universidades para afrontar o que queda de curso

A organización estudantil Erguer está a manter encontros coas reitorías das Universidades galegas para buscar uns "compromisos mínimos" para adaptar a actividade docente á situación provocada pola crise sanitaria, para que a aprendizaxe "se vexa o menos comprometida". 
santiago ferrer
DEPORTES

Santiago Ferrer, adestrador de atletismo: "A tempada está perdida"

Santiago Ferrer Moreira é adestrador nacional de atletismo da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, e analiza como o confinamento a causa da pandemia do coronavirus afectou ao deporte e, máis en concreto, ao desenvolvemento da tempada atlética.

2020040310394019010
INTERNACIONAL

O Goberno español non desbota unha nova prórroga do confinamento

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, supedita a decisión de solicitar ao Congreso unha nova prórroga para estender no tempo o estado de alarma á evolución da pandemia nos próximos días e sempre baixo os criterios do comité científico e das autoridades sanitarias".
Centro residencial da Asociación Amicos (Imaxe: Amicos)
SOCIAL

Fendas na prevención de contaxios na rede de atención á discapacidade

O número ascendente de contaxios pola COVID-19 puxo o foco nos centros de maiores. Mentres, a rede de residencias para persoas con discapacidades afronta con dificultades a corentena, con datos menores, pero crecentes, de persoas infectadas. 72, entre usuarias e traballadoras, segundo os datos de onte ahcegados por Política Social. Desde Redondela, o centro con máis casos, denuncian que as medidas de protección e seguranza chegaron "demasiado tarde". 
Monte Xurásico chanfaina
CULTURA

Chanfainalab estrea online a súa última fornada de filmes

Un novo ao día durante a corentena.
Imaxe de arquivo dun tren de Renfe. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Tres trens xa están listos para trasladar pacientes de Madrid

Ante o colapso da sanidade na capital española.
2020040219285990237
Entrevista a Alba Verea, estudante galega en Seul

"A xestión da pandemia fixo que en Corea do Sur caese o mito de Europa e EUA"

Desde a capital de Corea do Sur, a coruñesa Alba Verea, estudante de tradución literaria, conta en primeira persoa a Nós Diario como se vive o coronavirus desde ese lugar ao que o mundo mira por ter logrado conter a expansión e acadar as taxas de mortalidade máis baixas a base de probas xeneralizadas e control telemático.
Fabricación de máscaras 3D nun centro de Ourense (Rosa Veiga / Europa Press).
ECONOMÍA

Galiza paga as consecuencias de ter sacrificado a industria

A Xunta ten que botar man da solidariedade das galegas para conseguir material que non puido adquirir na Galiza como consecuencia das políticas de centralización.
SEPE
Social

CIG denuncia "casos fraudulentos" entre os ERTE por forza maior

O sindicato tamén alerta de que "son moitas" as empresas que aproveitan esta situación para conceder períodos de vacacións, algo que tamén é "absolutamente ilegal".
Sito Miñanco na Audiencia de Pontevedra (José Fernández/EP).
Social

Sito Miñanco pide saír de prisión por pertencer a grupos de risco da COVID-19

O narcotraficante José Ramón Prado Bugallo, alias Sito Miñanco, que permanece en prisión preventiva desde 2018, cre que nin o xulgado nin Institucións Penitenciarias poden garantir "o seu dereito á vida e integridade física".
Néstor Rego. (Arxina)
POLÍTICA

Néstor Rego: "A xestión da crise do coronavirus foi errática e tardía"

Néstor Rego, deputado e portavoz do BNG no Congreso, decidiu ficar en Madrid e respectar o estado de alarma e as restricións de confinamento. Aínda que o nivel de actividade política é mínimo, segue a rexistrar propostas e participar nos plenos, comisións e reunións que se convocan.