Os Estados Unidos, a Unión Europea, o Reino Unido, Ucraína e Xeorxia pronunciáronse en contra dun proxecto de resolución na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, presentado nesta quinta feira, 2 de abril, por Rusia e apoiado por 28 Gobernos, para unha moratoria na aplicación de restricións unilaterais que facilite o combate contra a pandemia da COVID-19.
EU,UK,UKR,USA & #Georgia 🇪🇺🇬🇧🇺🇦🇺🇸🇬🇪 broke the silence procedure & registered their objection to the adoption of RUS-proposed draft #UNGA Res in which #COVID19 was used 4 political goals to divert the attention from other persistent serious challenges & 4 removal of sanctions pic.twitter.com/FFmmDwlH3b
— Shalva Tsiskarashvili (@tsiskarashvili) April 3, 2020
Na resolución destacábase o papel coordinador da Organización Mundial de Saúde (OMS) na loita contra o coronavirus SARS CoV-2, causante da COVID-19, e reafirmábase a necesidade de pór fin aos conflitos mentres dure ese esforzo internacional.
A proposta de Declaración de Solidariedade na loita contra o coronavirus buscaba que os Estados aceptasen colaborar entre eles e coa Organización Mundial da Saúde, para desenvolver formas de combater a propagación e o tratamento do COVID-19.
Ademais, o documento chamaba os países a brindar axuda aos Estados máis afectados, especialmente aos países en desenvolvemento, así como renunciar ás guerras comerciais e as sancións unilaterais aprobadas sen o visto bo do Consello de Seguridade da ONU.
A Asemblea Xeral da ONU aprobou finalmente unha resolución alternativa, aprobada por unanimidade, onde se recoñecen as consecuencias sen precedentes da pandemia e se fai un chamamento a prol de intensificar a cooperación internacional.