INTERNACIONAL
De Trump a Biden: Mudanzas e constantes na política internacional dos EUA
06/feb./21
As dúas primeiras semanas de Joe Biden na Casa Branca trouxeron importantes cambios no eido diplomático a respecto do seu predecesor, que se resumen no desexo expresado polo novo presidente de recuperar o liderado mundial dos EUA. Pau e cenoria, multilareralismo e Exército, serán as súas ferramentas.
INTERNACIONAL
O Goberno Biden desbota dialogar coa Venezuela do "ditador" Maduro
04/feb./21
Continuidade na Casa Branca coa política de Donald Trump cara ao país caribeño.
INTERNACIONAL
Alemaña merca 200.000 doses do 'cóctel' contra a Covid administrado a Trump
24/xan./21
O custo da operación cífrase en 400 millóns de euros: 2.000 euros por dose.
INTERNACIONAL
"Unidade" para curar as feridas da "guerra incivil", promete Joe Biden
20/xan./21
Tras tomar posesión no Capitolio, o novo presidente dos EUA estréase no cargo asinando 15 ordes executivas en temas como inmigración ou emerxencia climática.
INTERNACIONAL
Os perdóns pasados, presentes e futuros de Trump
19/xan./21
Nas últimas horas na Casa Branca, agárdase que o presidente saínte decrete a amnistía para até 100 persoas condenadas por delitos federais, unha prerrogativa recollida na Constitución estadounidense que Trump xa usou, con controversia, en anteriores ocasións e agora podería aplicar tamén preventivamente.
INTERNACIONAL
Trump hipoteca a política exterior de Biden
13/xan./21
Nos estertores do Goberno de Trump, medidas como a inclusión de Cuba entre "os Estados que apoian o terrorismo" colocan o presidente entrante nunha complicada situación. De feito, son decisións que se entenden como partidistas de cara a desgastar de inicio a Biden, tamén a respecto dunha UE nunca tan afastada antes de Washington.
INTERNACIONAL
"O colmo do cinismo", afirma Cuba, novo "país terrorista" para os EUA
12/xan./21
A medida de Washington abre a porta á adopción de máis sancións e dá carpetazo ao aperturismo iniciado na etapa de Barack Obama na Casa Branca.
INTERNACIONAL
Nova ameaza armada de cara á toma de posesión de Biden
12/xan./21
Donald Trump elude calquera responsabilidade sobre o asalto ao Capitolio e asegura que o novo 'impeachment' é continuación da "maior caza de bruxas política" da historia.
INTERNACIONAL
Asalto ao Capitolio dos EUA: a extrema dereita na UE xoga ao despiste
12/xan./21
Trump foi o seu modelo durante os últimos anos. Agora, a menos de dez días de que abandone a Casa Branca, a este lado do Atlántico son os seus antigos aliados, os líderes da extrema dereita, quen comezan a abandonalo a el ou, canto menos, a pór distancia tras o impacto na opinión pública europea do asalto ao Capitolio.
INTERNACIONAL
"Incitación á insurrección", cargo único no 'impeachment' a Trump
11/xan./21
O Partido Demócrata presenta a solicitude formal contra o presidente estadounidense co fin de inhabilitalo e impedir que se volva presentar a unhas eleccións.
INTERNACIONAL
Mike Pence non descartaría destituír Donald Trump
10/xan./21
Segundo sosteñen medios estadounidenses o vicepresidente Mike Pence non descarta invocar a 25ª emenda para destituír Donald Trump en caso de que a conduta do mandatario saínte torne máis inestábel nos días que faltan até a toma de posesión de Joe Biden.
INTERNACIONAL
Trump recoñece a súa derrota
08/xan./21
Donald Trump asegura agora que haberá unha transición ordenada para o novo Goberno e condena os asaltantes do Capitolio que el mesmo animou.
INTERNACIONAL
Dúas semanas máis de Donald Trump (por agora)
07/xan./21
A "insurrección" na sede do Parlamento dos EUA, tal e como a cualificou o presidente electo e xa ratificado Biden, xerou unha fenda no Partido Republicano. Algúns dos seus membros queren que Trump sexa inhabilitado antes de ceder o mando, co que ademais impedirían que se puidese presentar nas presidenciais de 2024.
INTERNACIONAL
Trump promete agora unha "transición ordenada"
07/xan./21
A nova postura de Donald Trump chega xusto despois de que o Congreso certificase a vitoria de Joe Biden,apóse case 4 horas de caos no Capitolio provocado polos seus seguidores.
INTERNACIONAL
O Congreso certifica a vitoria de Biden, horas despois do asalto 'trumpista' ao Capitolio
07/xan./21
A sesión retomouse ás 2 da madrugada (hora galega) despois de case 4 horas de caos no Capitolio. A alcaldesa de Washington DC, Muriel Bowser, informou de catro persoas mortas. Congresistas e analistas piden a "inhabilitación" de Trump por alentar un "golpe de estado".
INTERNACIONAL
Simpatizantes de Trump asaltan o Capitolio
06/xan./21
Miles de persoas achegadas ao partido republicano intentan facer boicot á sesión que ratificará a Biden como novo presidente dos EUA. Informacións apuntan a que xa hai, polo menos, unha persoa ferida de bala.