EUA

Sede de Google (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Google é acusada de abusar da súa posición no mercado da publicidade

Bruxelas aposta por restrinxir a Intelixencia Artificial.
O memorial da paz en Hiroshima, o Xapón, construído nunha estrutura que resistiu o ataque nuclear dos Estados Unidos en 1945. (Foto: Eve Edelheit / Europa Press / Contacto)
star
INTERNACIONAL

Os Estados Unidos concentran máis da metade do gasto mundial en armas nucleares

O aumento das tensións xeopolíticas veu da man dun incremento do gasto en armamento atómico que encabeza Washington, que acumula un maior gasto neste eido que o resto dos países xuntos.
O ex presidente estadounidense Donald Trump. (Foto: Niyi Fote / TheNEWS2 via ZUMA Pres / DPA)
INTERNACIONAL

Donald Trump, de novo no albo: imputado no caso dos documentos clasificados

O ex presidente está acusado de cometer até sete delitos federais vencellados á Lei de espionaxe, após achar o FBI documentación clasificada na súa mansión de Palm Beach, en Florida. De forma paralela, Joe Biden está a ser investigado pola mesma cuestión, neste caso a raíz dun rexistro na súa vivenda de Delaware.

Crises entrelazadas no horizonte

Cordón policial en San Antonio, Texas, nos EUA. (Foto: Europa Press / Contacto / Nick Wagner)
Agora

Un tiroteo na graduación dun instituto de Virxinia (EUA) deixa no mínimo dous mortos

No mínimo dúas persoas morreron —dous homes de 18 e 36 anos de idade— e outras cinco resultaron feridas de diversa gravidade nun novo tiroteo nos Estados Unidos. Aconteceu esta terza feira durante a cerimonia de graduación dun instituto de Richmond, no estado de Virxinia. A Policía detivo un mozo de 19 anos que posuía catro pistolas como presunto autor do crime, e sospeita que coñecía cando menos unha das vítimas.
O potencial acordo comercial entre a UE e Mercosur xa fora tratado nun cumio dos Estados comunitarios o pasado 23 de marzo (Foto: Dario Pignatelli / Belga / DPA).
star
ECONOMÍA

A UE busca en Mercosur un socio para reducir a súa dependencia dos EUA e da China

A excesiva e crecente dependencia da UE con respecto aos Estados Unidos (EUA) e á China está a obrigar Bruxelas a buscar maior influencia noutros mercados. Neste sentido, a Comisión Europea quere acelerar a sinatura dun acordo comercial co bloque de Mercosur e estabelece como estratexia o acceso prioritario ás materias primas e outros recursos de América Latina.
Imaxe de arquivo dunha reunión do G20 na China (Foto: G20).
INTERNACIONAL

Transcende unha reunión secreta de líderes dunhas 20 axencias de intelixencia mundiais

Segundo as fontes, os encontros leváronse a cabo no marco da conferencia anual de seguridade intergobernamental de Asia-Pacífico, coñecida como 'Diálogo de Shangri-La'.
O presidente dos EUA, Joe Biden, e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, o pasado 14 de novembro. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

O subsecretario de Estado dos EUA Daniel Kritenbrink anuncia unha visita inminente á China

Trátase dunha excepcional visita a Pequín dun responsábel diplomático estadounidense no medio da repunta das tensións entre ambos os países.
Blinken, secretario de Estado dos EUA, e o seu homólogo finés, P. Haavisto, a sexta feira. (Foto: Emmi Korhonen / Lehtikuva / DPA)
star
INTERNACIONAL

A China e os Estados Unidos cruzan promesas de paz en Ucraína

Despois de negarse nun primeiro momento a apoiar un alto o fogo en Ucraína e supeditalo máis tarde ao resultado da anunciada contraofensiva militar ucraína, Washington traslada agora o seu apoio ás iniciativas de paz tratando de preservar as condicións marcadas por Kíiv, que exixe a retirada rusa do seu territorio.
Caída de Joe Biden nun acto das Forzas Armadas. (Foto: @bennyjohnson / Twitter)
INTERNACIONAL

VÍDEO | Joe Biden sofre unha aparatosa caída nun acto das Forzas Armadas

O propio presidente chanceara sobre a súa idade no evento: "Cando me graduei no instituto, hai 300 anos, solicitei o ingreso na Academia Naval".
M. Zhaoxu (a China), M. Vieira (o Brasil), N. Pandor (Suráfrica), S. Lavrov (Rusia) e S. Jaishankar (a India), a quinta feira na xuntanza. (Foto: Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia)
star
INTERNACIONAL

Os Brics preparan en Suráfrica a súa ampliación

Os países que integran o grupo Brics ultiman o proceso de adhesión reclamado por unha vintena de Estados mentres abordan a posibilidade de lanzar unha moeda común ou o deseño dun novo sistema multilateral.
Un militar das Forzas Armadas de Ucraína detrás dunha ametralladora. (Foto: Volodymyr Tarasov)
star
Análise

O complexo militar-industrial e a cidadanía europea

Ramón Grosfoguel é profesor da Universidade de California en Berkeley.
Intervención de Joe Biden fronte á Cámara de Representantes dos EUA. (Foto: Evelyn Hockstein / Pool via Zuma Press)
Agora

O Congreso estadounidense dá luz verde ao acordo sobre o teito de endebedamento

A Cámara de Representantes dos Estados Unidos aprobou na madrugada da cuarta á quinta feira [hora da Galiza] o pacto sobre o teito de endebedamento acordado previamente entre o presidente, Joe Biden, e o líder do Partido Republicano no órgano lexislativo, Kevin McCarthy. A reforma foi aprobada con 314 votos a favor e 117 en contra e ten por obxectivo evitar o estoupido dunha gran crise económica no país norteamericano. "Este é un compromiso bipartidista. Ningún dos lados conseguiu o que quería, e esa é a responsabilidade que implica gobernar", dixo Biden.
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, e Jill Biden, chegaron a terza feira á Casa Branca, en Washington D.C.. (Foto: Lenin Nolly / Zuma Press Wire / DPA)
star
INTERNACIONAL

O aumento do límite de débeda pública nos Estados Unidos, en mans do Congreso

O acordo para elevar o teito de débeda nos Estados Unidos entre o presidente Joe Biden e o líder republicano da Cámara de Representantes, Kevin McCarthy, enfronta a resistencia de parte das e dos lexisladores demócratas e republicanos.
Didier Reynders, comisario de Xustiza da UE. (Foto: Christophe Licoppe / European Comm / DPA)
INTERNACIONAL

A UE advirte da persecución política do Executivo polaco de ultradereita

Washington súmase á oposición polaca e critica a norma aprobada por Varsovia.
O presidente electo do Paraguai, Santiago Peña, do Partido Colorado, o pasado 1 de maio en Asunción. (Foto: Europa Press / Wang Tiancong)
star
Análise

A incorrección do modelo paraguaio

Julio Lisandro Cañón é historiador especializado na historia contemporánea e recente de América.
Vladimir Putin. (Foto: Europa Press / Contacto / Mikhail Klimentyev / Kremlin)
INTERNACIONAL

Washington considera Kíiv responsábel do ataque a Putin

Os EUA, "incómodos" coa operación con drons para asasinar a Vladimir Putin que atribúe a Ucraína.
Relatorio de Ignacio Ramonet ofrecido esta quinta feira na Facultade de Comunicación da USC. (Foto: Manuel Barreiro)
SEMINARIO NA USC

Ignacio Ramonet: "Ucraína pode ser o prólogo do grande enfrontamento entre Estados Unidos e China"

"Cando un imperio dominante debe preocuparse en esmagar a un imperio emerxente que lle vai quitar o seu posto? Cando debe facelo? Cando é o bo momento? Esparta era o imperio dominante e Atenas empezou a xurdir ameazando a Esparta. Cando se decidirá Esparta a deter a Atenas?", reflexiona o xornalista, que traza un paralelismo entre a guerra do Peloponeso e a crecente tensión actual entre Beijing e Washington.
Representantes de Arabia Saudí, China e Irán acordaron en marzo reiniciar as relación diplomáticas. (Foto: Saudi Press Agency)
star
Análise

China: o factótum da política mundial

William Serafino é politólogo venezolano, analista e investigador enfocado á xeopolítica.
A artista Tina Turner. (Foto: Christian Charisius / DPA)
Obituario

Morre a cantante Tina Turner aos 83 anos

A 'raíña do rock' finou esta cuarta feira após padecer unha longa enfermidade.