A Xunta convoca estas 2.335 prazas de oposicións para Educación, Xunta, Inspección Sanitaria e CRTVG
Nova mobilización pola sanidade pública do Condado: veciñanza de Mondariz exixe pediatras
VÍDEO | "Un almacén de pacientes": así se viviu desde dentro o último colapso do CHUS
A Xunta deixa 2.500 crianzas no Condado sen pediatra: "Hai un plan premeditado para desmantelar a sanidade pública"
Salvaterra de Miño, no Condado, acolleu na terza feira feira unha protesta para reclamar a volta da asistencia pediátrica ao centro de saúde da localidade. E esta cuarta feira, as mobilizacións en defensa da sanidade pública chegan ao veciño concello de Mondariz (tamén no Condado) e na quinta feira sairán á rúa en Covelo (A Paradanta). A Plataforma en defensa da sanidade pública do Condado e A Paradanta entende que só a mobilización social pode reverter a situación.
Vaga mobilizadora pola defensa da sanidade pública
O Carballiño esixe á Xunta que non o deixe sen pediatría
Pais e nais acudiron á protesta con carriños para denunciar a situación de indefensión na que se atopan os nenos e as nenas.
Soutomaior volverá saír á rúa para defender a sanidade pública após un ano sen pediatra
As consultas por gripe en Atención Primaria soben 73%
O incremento nas listas de agarda na sanidade centra a sesión de control no Parlamento
SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación o 4 de febreiro por uns orzamentos "xustos" coa sanidade
A plataforma convoca tamén unha concentración fronte ao Parlamento galego para o 19 de decembro.
Máis da metade do persoal de enfermaría do Sergas é temporal
Denuncian o mal estado do centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo: "Non pedimos milagres"
Acusan Sanidade de opacidade do contrato con Povisa mentres a Xunta defende a xestión
Soutomaior fai un ano sen pediatra no centro de saúde de Arcade
Soutomaior leva desde novembro de 2022 sen pediatra no centro de saúde de Arcade, despois de que a Xunta decidise non cubrir a baixa da anterior facultativa que ocupaba a praza. Nestes doce meses, a Xunta obviou as numerosas queixas da veciñanza do concello e as peticións para buscar unha solución a esta situación, indica o BNG. “A falta de pediatras durante todo este ano fixo que os períodos de agarda fosen de varias semanas, o que obrigou moitos pais e nais a levar aos seus fillos a Pontevedra para que puidesen ser atendidos”. O BNG reclama solucións á Xunta e prepara un calendario de accións para esixir que se respecten os dereitos da veciñanza
Critican que dúas enfermeiras do Hospital de Verín pasarán de Urxencias a facer traslados en ambulancias
O sindicato de Enfermería Satse esixe á Xerencia da Área Sanitaria de Ourense que anule a orde de que dúas enfermeiras do Hospital de Verín pasen de prestar servizos en Urxencias a realizar traslados en ambulancias. Se non, ameaza con recorrer á Inspección. A través dun comunicado, a organización advirte que un servizo "esencial" na comarca, como é o de Urxencias, "non pode sufrir un recorte deste calado de ningún modo". Diminuír unha enfermeira pola mañá e outra pola tarde vai xerar "un claro risco asistencial", advirte o sindicato.