Sindicato médico acusa o Sergas de "branquear" as listas de espera cirúrxicas
O CESM critica que non se publiquen as listaxes non estruturais.
O CESM critica que non se publiquen as listaxes non estruturais.
Os votos do PP abondaron para que as emendas á totalidade aos Orzamentos galegos de 2024 fosen rexeitadas onte no Parlamento. BNG e PSdeG pediron máis investimento en servizos públicos e denunciaron a caída do investimento sanitario en relación a 2023, tendo en conta o impacto da inflación.
O BNG de Pazos de Borbén (comarca de Vigo) convocou esta sexta feira diante do centro de saúde unha concentración en defensa da sanidade pública. A veciñanza participou nun velorio simbólico para protestar pola falta de persoal médico xa que desde 7 de novembro "o centro de saúde está totalmente desatendido sen ningún facultativo". Reclaman un segundo médico no concello no marco dunha sanidade digna no rural: substitución da médica de Atención Primaria, restitución do servizo de atención presencial á veciñanza, recuperar o servizo de pediatría cun horario ampliado, aumentar o persoal sanitario do centro de saúde e dotalo dos medios materiais necesarios.
As protestas en defensa da sanidade pública galega percorreron esta quinta feira múltiples puntos da Galiza. Mentres o colectivo de enfermeiras A Por Todas mobilizábase en todas as áreas sanitarias da Galiza, entidades sociais a nivel local saíron á rúa contra o deterioro da Atención Primaria.
O Sergas e CESM Galicia asinaron un acordo para retribuír o persoal médico que exerza no ámbito público e no privado. É unha medida beneficiosa para a atención sanitaria?