Pazos de Borbén denuncia a falta de persoal médico cun velorio

O BNG de Pazos de Borbén (comarca de Vigo) convocou esta sexta feira diante do centro de saúde unha concentración en defensa da sanidade pública. A veciñanza participou nun velorio simbólico para protestar pola falta de persoal médico xa que desde 7 de novembro "o centro de saúde está totalmente desatendido sen ningún facultativo". Reclaman un segundo médico no concello no marco dunha sanidade digna no rural: substitución da médica de Atención Primaria, restitución do servizo de atención presencial á veciñanza, recuperar o servizo de pediatría cun horario ampliado, aumentar o persoal sanitario do centro de saúde e dotalo dos medios materiais necesarios.

A veciñanza de Pazos de Borbén reclama unha sanidade digna no rural. (Foto: Nós Diario).
photo_camera A veciñanza de Pazos de Borbén reclama unha sanidade digna no rural. (Foto: Nós Diario).
Comentarios