USC

López, Do Cebreiro, Davies e Cabo, esta sexta feira, en Compostela. (Foto: Santi Alvite)
SOCIAL

A Cátedra Rosalía de Castro da USC busca potenciar o estudo da súa obra e figura

A Universidade de Santiago de Compostela busca "promover achegas sobre a autora desde perspectivas e paradigmas renovadores, pero sen esquecer a atención a aspectos máis tradicionalmente filolóxicos".
A edición 2023 decorreu no mosteiro de Oia (Baixo Miño). Na imaxe a adega Alvaredos-Hobbs de Quiroga (Foto: Nós Diario).
Máis

Compostela encherase esta fin de semana da 'emoción dos viños'

Fuxindo das feiras de viños, Antonio Portela e Marina Cruces idearon hai catorce anos un encontro anual coas adegas máis descoñecidas e singulares da Galiza. Procurando espazos orixinais e con personalidade, desprázanse este ano até Compostela para levar a súa experiencia enolóxica até o Pazo de Fonseca, o epicentro do saber universitario na capital galega.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, coa concelleira de Turismo, Miriam Louzao, e os catedráticos Rubén Lois e César García, na presentación da proposta esta quinta feira. (Foto: Europa Press)
Taxa turística

Así é a taxa que propón Compostela para "reequilibrar" os efectos da presión turística e recadar até 3 millóns de euros

O imposto sobre estadías turísticas en Compostela permitiría recadar 3 millóns de euros anuais, unha cantidade que se destinaría a "corrixir os efectos non desexados da turistificación na cidade" e que se aplicaría cun modelo de xestión "transparente" no que participen a cidadanía, institucións, e sectores sociais e económicos. Estas son algunhas das chaves da proposta de imposto turístico presentado esta quinta feira polo Goberno local.
A profesora María Belén López Meirama era directora do departamento de Lingua e Literatura españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC (Foto: Santi Alvite).
SOCIAL

Falece María Belén López Meirama, profesora da Facultade de Filoloxía da USC

O pasamento deixa un fondo pesar entre a comunidade da universidade compostelá.
corga_usc
LINGUA

O Corpus de Referencia do Galego Actual supera os 45 millóns de palabras e xa recoñece a gheada e o seseo

As novas ferramentas achegan novidades coma a posibilidade de realizar estudos variados dende a perspectiva de xénero ou un dicionario de frecuencias

Campo de millo (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Unha investigación da USC augura un crecemento da produción na Galiza en 2025 de 2,5%

O equipo de Hispalink-Galiza, unha liña de investigación permanente en economía aplicada, na que participan quince universidades, entre elas a Universidade de Santiago, indica que a Agricultura e a pesca liderarán o medre o ano vindeiro.
Mónica Cea, Fins Eirexas, Santiago Ortiz e Miguel Serrano, onte en Compostela. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Altri danaría un hábitat único no mundo de forma irreversíbel

Persoal investigador da USC alerta dos efectos da pasteira da Ulloa.
Elisa Rubí e Xosé Ramón Durán-Roque, esta cuarta feira. (Foto: Adegas Terra de Asorei)
SOCIAL

A dixitalización na industria vitivinícola centrará o XII Foro do Albariño

O Curso de Verán da USC desenvolverase en colaboración con Adegas Terra de Asorei e a Asociación Adegas do Salnés e co patrocinio do Consorcio Zona Franca de Vigo.

Marilar Aleixandre é desde 2017 profesora ad Honorem da Facultade de Ciencias da Educación da USC. (Foto: Santi Alvite)
LINGUA

Marilar Aleixandre, Premio Luís Porteiro Garea polo seu compromiso coa lingua galega no ensino das ciencias

A catedrática  ad Honorem recibiu o premio "cunha enorme alegría" porque recoñece o seu "compromiso co galego na Universidade", pero tamén a súa etapa na Educación Secundaria, "e sobre todo no campo das ciencias".
'Santonila melidensis', mostra da flora única da serra do Careón. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Facultade de Bioloxía da USC rexeita o proxecto de Altri para A Ulloa: “É lesivo para a conservación da biodiversidade”

O manifesto que cuestiona a pasteira foi aprobado por asentimento esta cuarta feira na Xunta de Facultade. Advirte que pór a celulosa no emprazamento previsto “sepultaría unha parte significativa da área máis relevante para a flora ameazada e protexida do afloramento serpentinítico, destruíndo de forma directa diversos núcleos das catro especies protexidas endémicas estritas, así como varios hábitats de interese prioritario para a Unión Europea”.

Acción de protesta de estudantes da USC por Palestina na Casa da Balconada, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Estudantes por Palestina entran na Casa da Balconada e impiden a entrada do xerente, denuncia a USC

O reitor anunciou que, a partir desta quinta feira, este edificio e mais a Casa da Balconada permanecerán fechados ao público.
Exame da ABAU 2024 na Facultade de Comunicación da USC, en Compostela. (Foto: Arxina)
Ensino

Aprobados máis de 96% dos alumnos e alumnas que se presentaron á ABAU

O 19 de xuño abre o prazo de preinscrición nas tres universidades galegas.
Estudantes agardando para entrar nas probas da ABAU (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
SOCIAL

A piques de coñecer as notas da ABAU: estes son os pasos para a inscrición na universidade

Tras uns días nos que o alumnado poderá solicitar unha revisión das correccións, a Comisión Interuniversitaria da Galiza (CiUG) abrirá a vindeira cuarta feira, 19 de xuño, a preinscrición para entrar nunha das universidades públicas da Galiza.
Rolda de prensa do reitor da USC, Antonio López, esta cuarta feira. (Foto: Arxina)
SOCIAL

A USC celebra o "desaloxo pacífico" dos fechamentos por Palestina e non descarta sancións

O reitor da USC avanzou que a universidade convidará o alumnado da protesta a participar na comisión creada pola institución para o "desenvolvemento de accións en favor da comunidade universitaria de Palestina".
Protesta de estudantes da USC por Palestina na praza do Obradoiro, esta cuarta feira. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Os estudantes encerrados no reitorado da USC son desaloxados

A acampada pro Palestina tamén é expulsada da Facultade de Xeografía e Historia.
Concentración da Asemblea por Palestina bloqueando o acceso ao Reitorado da USC, na praza do Obradoiro de Compostela. (Foto: Arxina)
VÍDEO NO INTERIOR

Estudantes manteñen o seu feche no Reitorado da USC: "Seguiremos até que nos desaloxen pola forza ou negocien"

Fontes da USC trasladaron que o reitor tentou falar con portavoces da asemblea para instalos a reconsiderar a súa posición, mais "non foi posíbel", e o persoal de servizos de xestión tivo que marchar á casa, polo que a universidade "está parada".
Un grupo de estudantes irrompeu no Colexio de San Xerome mentres decorría no seu interior a reunión do equipo de goberno. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A USC ratifica o manifesto sobre o xenocidio en Gaza e comprométese a romper relacións con universidades israelís

Tras a aprobación deste punto, o Consello de Goberno viu interrompida a súa sesión logo da irrupción "de forma violenta", censurou a universidade, accedendo a través dunha fiestra da planta baixa do Colexio de San Xerome un grupo de aproximadamente unha vintena de persoas.
A mesa redonda no Consello da Cultura coa participación de Fernando del Llano, Xavier Simón Francisco da Silva e Erundina Louro (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O modelo enerxético para frear o cambio climático, a debate no Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega (CCG) comezou onte unhas xornadas de análise sobre 'A cuestión enerxética en Galicia: entre economía, territorio e sociedade'. O primeiro día, economistas e unha representación das comunidades de montes demandaron contar coa sociedade na implantación das renovábeis.
O estudantado de Historia da USC, ás portas da Facultade esta cuarta feira. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A acampada por Palestina de Compostela denuncia a "hostilidade" da USC con "mentiras e presións" sobre o feche

No encontro que manterán esta cuarta feira co reitor e o seu equipo exixirán que a universidade "remate coa hipocrisía" e asuma un documento composto por 17 puntos en relación ao masacre de Gaza.
O primeiro secretario da Embaixada Palestina, Khaldun Almassari, visita aos estudantes acampados na Facultade de Historia da USC. (Foto: Álvaro Ballesteros)
SOCIAL

A Embaixada de Palestina agradece o recoñecemento do Estado e denuncia: "As atrocidades de Israel superan calquera ficción"

O primeiro secretario da Embaixada de Palestina no Estado español, Khaldun Almassri, participou esta cuarta feira nunha charla na Facultade de Historia da USC, onde se atopan, desde o pasado 14 de maio, estudantes acampados en solidariedade co pobo palestino.