A Coruña

Acto de Nós Diario esta segunda feira na Coruña (Foto: M. M.).
NÚMERO 1.000 DE 'NÓS DIARIO'

María Obelleiro explica na Coruña a importancia dun xornalismo feito na Galiza para a Galiza

Nós Diario continúa coa súa xeira de actos de cara á publicación do seu número 1.000. Esta segunda feira foi a quenda da cidade da Coruña.

Baiuca actúa o 17 no Parrote.. (Foto: Elisabet Encina)
CULTURA

O Womex comeza na Coruña lembrando a pegada de Picasso e con 60 artistas de 47 países

O evento musical que decorre na Coruña está considerado como o encontro musical máis diverso do mundo.
As persoas premiadas e o xurado do Intersección (Foto: Intersección).
CULTURA

Descubre quen foron as persoas gañadoras dos premios do Festival Internacional de Cinema da Coruña

Eduardo Williams levou o premio do xurado do Intersección, mentres que o da sección da Galiza recaeu sobre Xacio Baño.
Actuación da Policía Local nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Deteñen un mozo e investigan 14 máis por unha liorta nas festas de Oleiros

Os feitos aconteceron nas festas patronais de agosto.
Fotograma do filme ' Alicia fai cousas'.
star
CULTURA

Imaxes e pensamento en movemento

Esta fin e semana remata o festival Intersección na Coruña. Ao longo destes días, a mostra exhibiu unha escolma de traballos galegos realizados nos dous últimos anos que inclúe propostas que abordan temáticas a través das cales podemos debuxar a cartografía dos intereses e conflitos da Galiza -e do mundo- contemporánea.
Presentación da sétima edición do Festigual, na Coruña.
CULTURA

O Festigual volve á Coruña entre o 1 de novembro e o 3 de decembro

O festival consolídase como unha das programacións de arte inclusiva máis salientábeis da cidade.
Mobilización de persoal de escolas infantís esta quinta feira en Vigo (Foto: Pedro Davil / Europa Press).
Ensino

Persoal de escolas infantís maniféstase en Vigo e na Coruña para exixir un "convenio xusto"

As organizacións sindicais CIG-Ensino, CCOO-Ensino e SNEP deron comezo esta quinta feira á primeira das catro xornadas de folga convocadas nas escolas infantís de 0 a 3 anos "ante inmobilismo das patronais na negociación do XIII Convenio Colectivo de centros de educación infantil".
O boxeo tomará Riazor o 21 de outubro (Foto: Azteca Box).
DEPORTES

Dani Moukoko e Jaír Ramírez encabezan a IV Velada de Boxeo 'Coruña en Loita'

26 boxeadores e boxeadoras conforman o cartel do certame.
O 'phising' é un dos métodos de estafa máis estendidos (Foto: Nós Diario).
Xustiza

Que é o 'phising'? Unha sentenza condena BBVA a indemnizar unha vítima desta estafa

A vítima recibiu unha chamada telefónica de quen afirmou ser un "técnico de Microsoft" na que lle comunicaron que o seu computador presentaba determinados problemas de seguridade.

A Coruña en León

Núcleo de vivendas na Coruña. (Foto: Álvaro BAllesteros / Europa Press).
Vivenda

O sector inmobiliario súmase á Xunta e oponse a declarar "zona tensionada" A Coruña e Santiago

Entenden que a medida "debe ir precedida dunha ponderada análise das circunstancias concorrentes en cada localidade e cada barrio e, moi especialmente, dos posíbeis efectos negativos".
Vista exterior do Hospital Quirón salud na Coruña (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Inspección de Traballo sanciona o hospital privado Quirón Salud da Coruña

Despois de varios anos intentando negociar o plan de igualdade de oportunidades para mulleres e homes, a representación sindical da CIG no Santa Teresa presentou denuncia na Inspección de Traballo reclamando a actuación do organismo ao carecer a empresa do obrigado plan.
Presentación do exoesqueleto pediátrico na Coruña (Foto: Sinapse).
Agora

Presentan na Coruña o primeiro exoesqueleto para crianzas

Dous nenos, de sete e nove anos, probaron este mércores na Coruña o primeiro exoesqueleto pediátrico do mundo, posto no mercado por unha empresa en cuxo accionariado participa o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). En concreto, os nenos que o probaron son un menor que sofre unha patoloxía afín á parálise cerebral e outro que padece atrofia muscular espinal (AME). A xornada contou coa presenza de fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de Aspace-A Coruña, GalicaAme e Amencer-Aspace para recibir formación e ver en funcionamento do exoesqueleto.
Exemplar de xabaril no monte. (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Gaiolas para xabarís? A Xunta di que si

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, defendeu o uso de gaiolas para o control de xabarís en zonas urbanas e periurbanas, ao ser preguntada pola situación na Coruña.
Manifestación polo Día do Orgullo LGBTI na Coruña demandando xustiza para Samuel. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Xustiza

A Fiscalía cre que os acusados da morte de Samuel eran "plenamente conscientes" e actuaron "cunha crueldade extrema"

O Ministerio Público pide até 27 anos de prisión para os cinco acusados de seren "coautores" da brutal malleira, con "aleivosía e asañamento", que provocou a morte do mozo coruñés de 24 anos. No seu escrito de acusación, Fiscalía ve tamén claros indicios do móbil homófobo do crime: "O acusado interpretou que era homosexual, feito que desencadeou unha reacción aínda moito máis virulenta pola animadversión á orientación sexual que lle atribuíu, chegando a dicirlle: 'Deixa de gravar, a ver se te vou matar, maricón'".
Álvaro Muñiz, a bordo do seu Porsche Carrera. (Foto: Lino García)
DEPORTES

Álvaro Muñiz gaña o Rally Rías Altas de vehículos históricos

O seu Porsche 911 Carrera RS remontou na etapa deste sábado desde a terceira posición na que rematara na xornada inaugural na clasificación xeral.
Artes pola Integración no estanque de Méndez Núñez.
SOCIAL

O 'Concurso de pezas para a comunidade' repartirá tres premios de 500 euros no marco do XII Encontro Artes pola Integración

O evento comezará ás 12 horas nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña.
Encoro de Cecebre, en Cambre. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

Activada a alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña

As reservas do encoro de Cecebre, que abastece a zona, están por baixo da metade da súa capacidade.
carreira da muller coruña
SOCIAL

Máis de cinco mil participantes competiron na Coruña nunha reivindicativa Carreira da Muller

A recadación a proba vai para a Asociación Española Contra o Cancro e a Asociación de Mulleres con Discapacidade da Galiza. Esta edición rendeu homenaxe ás xogadoras do Deportivo.
homenaxe bng pedro galán
MEMORIA E HISTORIA

A Coruña lembrou Pedro Galán, mozo nacionalista asasinado en 1936

O acto, organizado polo BNG, decorreu no cemiterio de Santo Amaro e ao mesmo asistiron familiares do que foi secretario de Organización das Mocidades Galeguistas.