BNG, EH Bildu e ERC acordan accións conxuntas a prol do dereito a decidir
Após unha xornada de traballo realizada en Bilbo, as tres organizacións políticas fixeron público un comunicado de imprensa conxunto en que, din, afondarán na súa relación e explorarán "vías máis efectivas" de colaboración entre as tres nacións para "facer posíbel que o dereito a decidir" e "a defensa dun novo modelo social estean no corazón do debate europeo".