Adega

covas de vale
Covas de Vale, en Baralla

Unha explotación mineira ameaza nos Ancares unhas covas de gran valor cultural e ambiental

Unha campaña pide a protección “efectiva” deses espazos ao tempo que insta a Xunta a que realice unha prospección a fondo dos terreos afectados para estudar  a posíbel presenza de arte rupestre e procurar polo miúdo restos paleontolóxicos e arqueolóxicos.

SOCIAL

Adega recorre a absolución das persoas acusadas no 'caso Barreiros'

Pide ao tribunal que declare a nulidade da sentenza, “por erro manifesto na apreciación da proba e por infracción do ordenamento xurídico”.

adega cova eirós
SOCIAL

Adega teme que a Xunta non declare BIC a Cova de Eirós por intereses da minaría

A asociación teme que a Xunta faga primar os intereses da canteira, que pretende extraer de alí a calcita de maior calidade, e deixe caducar o prazo de resolución de BIC. Insta a Consellaría de Cultura a que conceda o Ben de Interese Cultural á Cova de Eirós e lembra que prazo para facelo acaba en 2 semanas.

balsas mina touro
Denuncia de Adega

Novos informes confirman drenaxes ácidas na mina de Touro

“A práctica totalidade dos materiais xeolóxicos da mina van xerar drenaxes ácidas e mobilizar metais tóxicos”. Segundo Adega, os novos informes incorporados ao proxecto da mina de Touro confirman as súas denuncias: “Todo o proxecto mineiro foi construído sobre unha mentira e debe ser rexeitado”.
 

adega barreiros
SOCIAL

Adega recorrerá a absolución do alcalde de Barreiros

Di que a sentenza abre a porta “á impunidade na política urbanística municipal”.

ADEGA
Denuncia de ADEGA

A receita da empresa da mina de Touro: suprimir os ríos

Explotaciones Gallegas, S.L., que desde hai anos extrae áridos da vella mina de Touro, propón suprimir os ríos para acabar coa contaminación dos cursos fluviais causados polos lixiviados da antiga explotación. Denúnciao a Asociación Ecoloxista ADEGA, que cualifica de “delirante” este último capítulo no “culebrón mineiro de Touro”.

touro adega portapego imaxe Adega
SOCIAL

A mina de Touro, o río Portapego e as posibilidades de vida extraterrestre

Cobre San Rafael alega para non recuperar un río contaminado pola mina de Touro a presenza de organismos “de interese científico” para as “posibilidades de vida extraterrestre”.

Manifestación contra a incineración no Deza
SOCIAL

Declaración de Ponferrada: a sumar forzas contra a incineración

Fan parte dela colectivos e entidades galegas como Adega ou Amigos da Terra.

 

Vendima
Precariedade

A cara B das mans que vendiman

A vendima na Galiza é un traballo cunha temporalidade moi alta. Estudantes e persoas paradas de longa duración son das máis habituais ao pé de viña. Co aumento do rendemento nas explotacións máis grandes, medrou a demanda de man de obra. Novos actores de contratación e captación de traballadoras e traballadores, como as Empresas de Traballo Temporal, estanse a introducir neste sector nos últimos anos. Eis un extracto dunha reportaxe que publicamos ao respecto no Sermos Galiza 317.

uxia
CULTURA

Unha fin de semana cargada de propostas musicais

Mais hai tamén espazo para un roteiro por volta das Irmandades da Fala en Compostela e unha nova edición da Limpeza Simultánea de Rïos promovida por Adega.

SOCIAL

Adega demanda á Xunta recursos para protexer o lobo

Un estudo desta organización ambientalista indica que as batidas e controis letais da especie non solucionan o problema. A poboaión de lobos en Galiza non aumentou nestes anos, o incremento do rexistro de danos desde 2015 débese a unha mellora no sistema de recollida dos mesmos.

[Imaxe: Wikipedia] Lobo
Adega censura a xestión da Xunta

Nin máis lobos nin máis danos

As lendas e os mitos ao redor dos lobos provocaron que sobre o animal paira aínda a sombra da desconfianza e un halo de temor que non ten a ver coa realidade. A asociación ecoloxista Adega nega unha maior cantidade de lobos en Galiza e urxe a Xunta a mudar a súa xestión.

fora Centaurea ultreiae silva pando imaxe flora de galicia
SOCIAL

Tres parques eólicos ameazan flora endémica galega única no mundo

Greenalia presentou 3 proxectos de parques eólicos  nunha mesma área xeográfica arredor do Monte Castelo e a lagoa de Alcaián, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Adega alerta do seu impacto.

frouxeiram
SOCIAL

O TSXG ratifica a ilegalidade dunha urbanización de 69 adosados na Frouxeira

rio ulla regatos adega contaminación mina touro o pino
SOCIAL

Os metáis tóxicos que baixan polo río Ulla até a Ría de Arousa

Adega dá a coñecer os resultados das análises encargadas pola asociación das augas dos ríos Portapego e Pucheiras que drenan a antiga mina de Touro. Os metais tóxicos sobardan todos os límites, e iso coa mina parada...

PONTON E RIVAS CON ASOCIACIÓN RURAL GALEGA 2
SOCIAL

A Alianza Rural Galega reuniu xa as 10 mil asinaturas precisas para a ILP sobre o monte

O prazo para as conseguir féchase este 25 de xuño, mais a ARG xa as tería reunido. A Alianza Rural Galega -plataforma que agrupa Adega, a Fruga, a CIG e a Asociación Galega de Comunidades de Montes- mantivo esta segunda feira un encontro no Pazo do Hórreo con Ana Pontón e Xosé Luís Rivas 'Mini', portavoz nacional e voceiro parlamentar de Meio Rural do BNG, respectivamente.

MINA
SOCIAL

Informe de Agricultura contra a mina de seixo de Mesía

rio eume bosque de ribeira
Proxecto Ríos

Máis da metade dos bosques de ribeira galegos están en mal estado

24% das marxes dos ríos analizados están moi degradadas, 6 puntos máis que hai dous anos. Aliás, 41% dos ríos estudados en primavera tiñan moi bo estado de saúde; porcentaxe que en outono caeu a 25% dos casos.

Asemblea Xeral de ADEGA
Asemblea Xeral

A seca, os incendios e a megaminaría centran as liñas estratéxicas de ADEGA

A asociación ecoloxista ADEGA vén de realizar en Gondomar a 42 asemblea xeral, que decorreu nun ambiente participativo para fixar as liñas prioritarias nas que a entidade traballará durante todo o ano. A seca e o cambio climático, os incendios e a megaminaría ocuparán parte do labor que desenvolverá ADEGA.

bosque fraga monte
Premios Adega

Osíxeno para a xestión sustentábel dos montes e Dioxina para a eucaliptización

Adega dá a coñecer as persoas e colectivos gañadores dos seus premios ‘Osíxeno e Dioxina’, cos que salienta o mellor e o pero – ambientalmente falando- do ano.