AGE

Cidade da Cultura. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

AGE pide a disolución da Fundación Cidade da Cultura e que se destinen os fondos ao tecido cultural galego

Alternativa Galega de Esquerdas lembra que nos orzamentos do 2013 dita Fundación léva máis de 9 millóns de euros, o 15% do orzamento dedicado a Cultura
Yolanda Díaz e Beiras en Ferrol
Galiza

Yolanda Díaz aposta por que AGE concorra ás eleccións municipais

A deputada di apostar pola concorrencia conxunta nas vindeiras eleccións municipais após os resultados obtidos nos comicios do 21-O.
POLÍTICA

AGE denuncia os "métodos trapalleiros" da Xunta con Alimentos Lácteos S.L

O voceiro de agricultura e medio ambiente de AGE, Antón Sánchez, asegurou que a planta afincada en Outeiro de Rei (Lugo) adía catro meses de pagamentos ás explotacións gandeiras.
Beiras e Yolanda Díaz
Galiza

AGE carga contra a política educativa do PP: "Ensino só para quen poida pagalo"

Representantes da Alternativa galega de Esquerdas (AGE) mantiveron unha xuntanza co reitor da Universidade da Coruña, co que avaliaron o impacto dos recortes orzamentarios no sistema universitario de Galiza
POLÍTICA

BNG, AGE e PSOE, xuntos na procura dunha nova lei de protección animal

Os tres partidos da oposición renovan o Espazo parlamentar pola defensa dos animais, que terá seis integrantes e transladará á Cámara iniciativas amparadas polo colectivo ecoloxista Libera
POLÍTICA

AGE demanda que se concrete en que consiste o documento asinado pola Xunta co sector lácteo

Representantes de sindicatos agrarios mantiveron unha xuntanza coa Alternativa Galega de Esquerdas. A formación pedirá no pleno do Parlamento maior concreción dos contidos do documento
POLÍTICA

AGE nomea voceiro parlamentar a Beiras

Após unha xuntanza desenvolvida esta segunda feira, entre as persoas electas nos comicios o pasado 21-O, a nova forza política que irrompe no Hórreo terá como voceiro do grupo parlamentar a Xosé Manuel Beiras. Yolanda Díaz será vice-voceira, pois afirman querer configurar un "tándem".

Eleccions2012

AGE entra na Cámara con nove deputad@s

A ruptura do nacionalismo galego, deu folgos a unha Esquerda Unida que entra no Parlamento, após dúas décadas sen representación. A coalición electoral AGE consegue nove escanos e convértese na terceira forza polítca galega.
Eleccions2012

AGE reclama desaloxar a Feijóo por “non pagar a hipoteca da liberdade e a igualdade”

A coalición de Anova e máis Esquerda Unida fixo o seu último mitin da súa primeira campaña electoral en A Coruña. Xosé Manuel Beiras afirmou que “todo está en xogo” o 21-O.
Eleccions2012

AGE carga contra a “falsa imaxe de bo xestor” de Feijóo

O candidato número tres por A Coruña, Antón Sánchez, afirmou nun mitin en Oleiros que o actual goberno galego “nos endebedou a cambio de nada”. Yolanda Díaz volveu asegurar que Galiza será a vindeira comunidade en solicitar o rescate.
Eleccions2012

Polémica pola intervención de Yolanda Díaz en español no acto de AGE da Coruña

Choven as críticas desde o mundo da cultura e sectores do independentismo que simpatizan con AGE polo feito de que a candidata se expresase en español durante o enncontro en que participaron representantes de Syriza e Front de Gauche.
Eleccions2012

AGE asegura que “a táctica do medo” non funcionará o 21-O

Yolanda Diaz dixo nun mitin en Vilagarcía que aspiran a representar no Parlamento galego “a loita democrática”. Beiras amosouse convencido de que “é posíbel dar a volta a situación”.
Eleccions2012

AGE recibe o apoio dos aliados europeos de Izquierda Unida

Representantes de Syriza e a Front de Gauche, canda o eurodeputado de IU –Willy Meyer, participaron dun Encontro Internacional organizado pola Alternativa Galega de Esquerda na Coruña.
Eleccions2012

AGE presenta unha web aberta á participación cidadá

O portal da coalición formada por Anova, IU, Espazo ecosocialista e Equo reserva unha lapela onde a cidadanía pode achegar preguntas online ou riscar naquelas cuestións que considera prioritarias para presentar ''logo da chegada ao Parlamento''
Eleccions2012

AGE reúnese con organizacións animalistas

A coalición mantivo un encontro con varios colectivos de defensa dos dereitos dos animais en que recolleron as súas propostas.
Eleccions2012

AGE presenta un programa baseado nos “principios republicanos”

A coalición de Anova e Esquerda Unida reivindica a “radicalidade democrática” e os principios da “liberdade, fraternidade, igualdade e laicidade”.
Eleccions2012

Llamazares presentará en Vigo o programa de sanidade de AGE

O deputado de IU tamén asistirá á manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar esta cuarta.
Eleccions2012

EU ficha o madrileño Pablo Iglesias Turrión para a equipa de campaña de AGE

O presentador de “La Tuerka” confirmou a súa incorporación como consultor e recoñeceu estar xa en coordinación con EU. Anova descoñecería esta fichaxe.
Eleccions2012

CxG presenta @s seus 75 candidat@s e AGE propón unha Lei de transparencia

Compromiso realizou un acto público en Dodro con tod@s @s integrantes das súas candidaturas. A coalición EU – Anova propuxo unha Lei de transparencia en reacción ao caso “Pokemon”.
Xoán Hermida
Eleccions2012

Ecogaleguistas: adeus Compromiso, ola AGE

Espazo Ecosocialista considerábase "incompatíbel" cun CxG como "partido nacional neutro"