AGE nomea voceiro parlamentar a Beiras

Após unha xuntanza desenvolvida esta segunda feira, entre as persoas electas nos comicios o pasado 21-O, a nova forza política que irrompe no Hórreo terá como voceiro do grupo parlamentar a Xosé Manuel Beiras. Yolanda Díaz será vice-voceira, pois afirman querer configurar un "tándem".

Fontes da coalición aseguraron á saída da xuntanza nun hotel da capital galega que a portavocía da formación no Parlamento galego constituirá un 'tándem' entre Beiras e Díaz, como representantes de dúas das organizacións que concorreron de maneira conxunta ás eleccións galegas.
Segundo Mario López Rico, quen fixo declaracións á saída do encontro, esta reunión serviu para "preparar" a constitución do grupo parlamentar que terá lugar o vindeiro 16 de novembro.

Na xuntanza, @s representantes da coalición aseguraron ter respirado "un bo ambiente" e adiantaron que continuarían coas conversas o vindeiro día 12 de novembro. Aliás, no encontro @s representantes da formación acordaron crear unha comisión de coordinación da que tomarán parte 10 persoas encamiñada a coordinar o traballo d@s nove deputad@s obtidos após o 21-O. A representación na devandita comisión será do 50% para as distintas organizacións que integran AGE (EU, Anova, Ecosolcialistas e Equo). 

Comentarios