Agora

Alfonso Rueda, presidente da Xunta da Galiza, na procesión da coroación da Virxe da Xunqueira, en Cee (Fisterra). (Foto: Nós Diario)
Agora

Rueda chama a aproveitar “con sentidiño” as oportunidades para prosperar na Galiza

O presidente da Xunta da Galiza, Afonso Rueda, chamou nas súas redes sociais a aproveitar “con sentidiño” as oportunidades para prosperar na Galiza. O líder do PP na Galiza, que non participou en ningunha das manifestacións convocadas polo Día Internacional da Clase Traballadora pero si na coroación da Virxe da Xunqueira, en Cee (Fisterra), afirmou que a Galiza “ten potencial para seguir crecendo e creando cada vez máis postos de traballo de calidade”.  

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Unha persoa resulta ferida en Silleda tras unha explosión de foguetes nunha festa privada

Unha persoa resultou ferida en Silleda, comarcado Deza, con diferentes queimaduras no seu corpo, tras a explosión duns foguetes nunha celebración privada, segundo informa o servizo de emerxencias 112-Galiza no seu parte de incidencias. A persoa foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. Os feitos sucederon nunha casa particular na parroquia de Cira. Segundo indicou ao particular que chamou ao 112 Galiza para pedir axuda. 

Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
Agora

Un home é socorrido após resultar ferido cunha motoserra en Mondariz

Un home foi trasladado despois de resultar ferido nunha perna cunha motoserra en Mondariz.

Segundo informou o 112, tiveron coñecemento dos feitos a través de Urxencias Sanitarias da Galiza-061 que, a pesar de mobilizar un helicóptero medicalizado ata o lugar, Festín, trasladou finalmente ao ferido nunha ambulancia. Ademais, foron mobilizados os voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea e os axentes da Garda Civil.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Morre un veciño do Incio, na comarca de Sarria, mentres realizaba labores de roza nunha finca

Un veciño do Incio (comarca de Sarria) faleceu esta sexta feira mentres realizaba labores de roza nunha finca. Ao parecer, caeu do muro sobre o que estaba a traballar, mais descoñécense as causas exactas do falecemento. Ao lugar mobilizáronse un helicóptero medicalizado e unha ambulancia, cuxos sanitarios tan só puideron certificar a súa morte.

 

 

Moedas e billetes en euros. (Foto: Europa Press)
Agora

Aumentan 5,5% os ingresos procedentes de impostos directos na Galiza

A Galiza recadou máis de 1.787 millóns de euros procedentes do IVE, o que supón 11,6% menos que un ano antes. Non obstante, o país ingresou 2.873 millóns de euros de impostos directos, 5,48% máis que en 2021. Os impostos indirectos supuxeron unha recadación de 3.081 millóns, 8% menos, caendo o IVE 11,6%. 

O corpo de letrados foi o primeiro en manifestarse este ano. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
Agora

Xuíces e fiscais convocan de forma ofical unha folga indefinida desde o 16 de maio

Asociacións de xuíces e fiscais anunciaron esta sexta feira ao Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), polas súas siglas en español) a convocatoria formal dunha folga indefinida a partir do 16 de maio á espera da reunión que manterán a vindeira cuarta feira, 3 de maio, co Ministerio de Xustiza na Mesa de Retribucións na que tamén participará o órgano de goberno dos xuíces e a Fiscalía Xeral do Estado.

Ana Pontón (Foto: Nós Diario).
Agora

Pontón pide "reprobación" de Baltar por conducir a 215 quilómetros por hora

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, compareceu esta sexta feira ante os medios de comunicación para pór o foco no presidente da Xunta e do PP galego, Alfonso Rueda, a quen afeou que mirase "" para outro lado, primeiro, e deposis tentase "xustificar" a conduta do presidente da Deputación de Ourense e, Manuel Baltar, despois de ser interceptado a 215 quilómetros por hora na autovía á altura de Zamora. Así, Pontón pediu a “reprobación de Baltar”.
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Aparece un cadáver no paseo do Malecón no Barco de Valdeorras

O corpo sen vida dunha persoa apareceu flotando na auga nas proximidades do Paseo do Malecón no municipio do Barco de Valdeorras, informou o 112 Galiza.

Até o lugar acudiron, entre outros, os Bombeiros de Valdeorras, a Policía Local e a Garda Civil. Polo momento descoñécense as causas da morte da persoa

Audiencia Provincial de Pontevedra. (Foto: Google)
Agora

Condenado a 47 anos de cárcere após converter nun “auténtico horror” a vida da súa parella

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 47 anos de cárcere un home ao que considera autor dos delitos de maltrato habitual físico e psíquico no ámbito da violencia de xénero, delito contra a integridade moral, coaccións graves, lesións con deformidade, agresión sexual, lesións e lesións contra a muller, após converter “nun auténtico horror” a vida da súa parella, unha moza de 19 anos coa que conviviu en varias localidades.

Vivenda en venda. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
Agora

O Congreso do Estado español aprobou esta quinta feira a Lei de vivenda por maioría absoluta

O pleno do Congreso dos Deputados e das Deputadas aprobou esta quinta feira o proxecto de Lei polo Dereito á Vivenda cun respaldo de 176 votos que representan a maioría absoluta do hemiciclo, e 167 en contra. O texto contou co voto a favor de PSOE, UP, ERC, Bildu, Más País, Compromís, PRC e Teruel Existe, mentres que o BNG abstívose, criticando a “invasión de competencias”. Votaron en contra PP, Vox, Cs, Foro Asturias, PNV, Junts, PDCat, CUP e CC.    

A ex deputada de Vox. Macarena Olona (Foto: Joaquin Corchero / Europa Press).
Agora

A ex deputada de Vox, Macarena Olona, anuncia a súa presenza na Festa da Lamprea de Arbo

A antiga militante de Vox e candidata á Presidencia da Xunta de Andalucía, Macarena Olona, estará na localidade galega de Arbo esta fin de semana con motivo da celebración da Festa da Lamprea. Así o confirmou o tamén ex membro de Vox e candidato á Presidencia da Xunta da Galiza, Ricardo Morado, que dixo que “terei o orgullo e honra de ser o seu anfritión”.

A deputada Noa Presas (Foto: Nós Diario)
Agora

O BNG cualifica Baltar de "perigo público" por conducir a 215 quilómetros por hora

O BNG cualificou de "perigo público" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, despois de coñecerse que foi identificado o volante a 215 quilómetros por hora en Zamora, feitos polos que os nacionalistas pedirán a súa reprobación no Parlamento da Galiza no caso de que non sexa "reprobado ou cesado" polo presidente da Xunta e líder dos populares galegos, Alfonso Rueda.

Un coche da Policía. (Foto: Europa Press)
Agora

Catroce detidos nunha rede de trata de mulleres para expltación sexual, con pisos na Coruña

A Policía Nacional, INTERPOL e as autoridades paraguaias desarticularon dúas organizacións criminais dedicadas, presuntamente, a trata de mulleres con fins de explotación sexual.

Froito diso, liberouse sete mulleres e efectuáronse 10 detencións, ao que se suman outras catro en Paraguai, entre os que se atopan un coñecido cantante dese país.

A presidenta do Executivo da UE, Ursula von der Leyen. (Foto: Dirk Waem / Belga / DPA)
Agora

A Unión Europea renova un ano máis a exención de aranceis para produtos ucraínos

Os Estados membros e o Parlamento da Unión Europea fecharon a cuarta feira un acordo para estender 12 meses a liberalización á entrada de mercadorías de Ucraína, que non pagan aranceis desde 2022. Logo das protestas das persoas labregas, o pacto introduce un mecanismo que permite reactivar os aranceis se as importacións de avea, ovos, aves, azucre, millo, sémola ou mel superan os volumes medios das importacións entre 2021 e 2023.

Tariku Novales. (Foto: Nós Diario).
Agora

Esther Navarrete e Tariku Novales estarán no maratón de París 2024

Boísimas novas para o atletismo galego. A Real Federación Española de Atletismo (RFEA) vén de confirmar a participación de dous atletas da Galiza na que, para moitas persoas, será a proba raíña dos Xogos Olímpicos de París 2024, o maratón. Trátase do noiés Tariku Novales e da viguesa Esther Navarrete, que tratarán de confirmar na cita gala o seu gran momento de forma, como demostraron recentemente esnaquizando os récords da Galiza masculino e feminino en decembro de 2023 (2.05.48) e xaneiro de 2024 (2.24.40), respectivamente. Ambas collerán a remuda de Alessandra Aguilar, Vanessa Veiga, María Abel e o pioneiro Carlos Pérez, que estivo en México '68 e Múnic '72.
 
Coral Carballedo Roca, esta cuarta feira. (Foto: Santi Alvite)
Agora

Premian un estudo sobre o trato xudicial ás vítimas de violencia de xénero

A graduada en Psicoloxía pola USC Coral Carballedo Roca foi a gañadora da cuarta edición dos IV Premios Valedora do Pobo aos mellores traballos en materia de igualdade e dereitos das mulleres polo Traballo de Fin de Grao Violencia de xénero: impacto das ordes de protección e do proceso xudicial no benestar psicolóxico das vítimas, que analiza o malestar psicolóxico sufrido polas mulleres vítimas de violencia de xénero.  
 
A escuadra galega superou o EÓN Horneo Alacante por 34 a 36. (Foto: Balonmán Cangas).
Agora

O Cangas sofre pero avanza na Copa do Rei

O Cangas Frigoríficos do Morrazo avanza de rolda na Copa do Rei de Balonmán e xa está na terceira fase do torneo do KO após eliminar o EÓN Horneo Alacante por 34 a 36 esta terza feira.  A pesar da diferenza de categoría -o conxunto mediterráneo milita na segunda- a formación local levou á galega até o límite das súas forzas, e iso que no intermedio do partido nada apuntaba a iso, xa que o Cangas gañaba por un contundente 12 a 18. Non obstante, Alacante, quinto clasificado da División de Honra, exhibiu unha cara completamente diferente na reanudación, conseguindo empatar a 29 ao final do tempo regulamentario e contando incluso cunha gran ocasión para gañar. Logo, no engadido, continuaron as táboas, esta vez a 32, e non foi senón na lotería dos penaltis cando a sorte caeu do lado dos do Morrazo.
Exemplares de Galiña de Mos (Foto: Nós Diario).
Agora

A Galiza rexistra 52.000 galiñeiros de autoconsumo

Os galiñeiros de autoconsumo rexistrados na Galiza superan os 52.000, segundo os datos ofrecidos pola Consellaría do Medio Rural esta cuarta feira. Aínda que este tipo de explotacións non poden comercializar carne, ovos nin outro tipo de produtos, as propietarias e os propietarios deben formalizar o rexistro tras a entrada en vigor do Real Decreto do 27 de xullo de 2021 que tamén estabelece as normas básicas de ordenación das granxas avícolas. A norma limita a 30 as aves que poden hospedar estas instalacións. O rexistro dos galiñeiros pode facerse nas oficinas da Xunta da Galiza ou de maneira telemática mediante o modelo MR501A.
 
Fabiola García, conselleira de Política Social en funcións (no centro). (Foto: Nós Diario)
Agora

O custo medio da crianza por filla ao mes ascende a 630,34 euros e aumenta coa idade

O custo da crianza dun fillo ou unha filla ao mes ascende, de media en toda a Galiza, a 630,34 euros e conforme aumenta a faixa de idade que se ten en conta, o diñeiro que se precisa tamén sobe, segundo os datos do informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica. Desta maneira, dos 521,23 euros do intervalo 0-3 anos, chégase até os 690,17 euros de criar una filla ou un fillo entre os 13 e os 17 anos.
María Reimóndez. (Foto: Arxina)
Agora

María Reimóndez será recoñecida como viguesa distinguida

A doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, referente no ámbito da Filoloxía Galega e colaboradora de Nós Diario, María Reimóndez, será recoñecida o vindeiro 26 de marzo como viguesa distinguida, nunha gala na que tamén se fará entrega das Medallas de Ouro da cidade ao hospital privado Ribera Povisa e á Policía Nacional. Xunto a Reimóndez serán recoñecidos Emilio Sotelino; o IES A Guía; o CEIP Lope de Vega, o Quiñones de León e o Vicente Risco; a Asociación de Viúvas Demócratas de Vigo e as corais polifónicas do Centro Cultural de Valadares e da Sociedade Atlántida de Matamá.